Escoitar

Pleno extraordinario e Xunta de Goberno Local

O luns celebrase unha sesión extraordinaria do pleno da Corporación Municipal, ás 8:30 horas,para tratar entre outros asuntos das obras da rede se saneamento do túnel do Areal. Ao remate do pleno terá lugar a reunión da Xunta de Goberno Local.

venres, 18 nov 2005
1.- Expediente de modificación de crédito núm. 102/2005 (crédito extraordinario) para financiamento das obras da rede de saneamento das concas vertentes afectadas pola prolongación do túnel do Areal.

2.- Declaración municipal referente á posta en funcionamento do segundo cinto de circunvalación.

3.- Moción do Grupo municipal do PG relativa ós recortes de voos no Aeroporto de Peinador.

Asuntos da Xunta de Goberno Local

1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 4 de novembro e da sesión ordinaria do 7 de novembro de 2005.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 3/394, 11/1210, 4/450, 14/1278, 1/1447, 2/1403, 2/1373.

DEPORTES
3.- Solicitude de Comesaña Sporting Club de autorización para a realización do "27º memorial Belarmino Alonso de Campo a través" do 04.12.05, no paseo do Lagares. Expte. 05688/333.

4.- Devolución de fianza a Prado Surf Clube consitutída polo campeonato de Skateboard " O marisquiño" realizado en Samil. Expte. 05689/333.

ELECTROMECÁNICOS
5.- Indemnización substitutiva a favor de U.T.E. ESYCA-ETRA-MONCOBRA, por importe de 121.836,19 euros, polo mantemento do túnel do Areal desde decembro de 2003 ata maio de 2004. Expte. 10909/444.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
6.- Bases do " XX Concurso de Carteis do Entroido 2006". Expte. 1673/335.

7.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados no Servizo de Festas e Animación Sociocultura durante o mes de outubro de 2005. Expte. 1674/335.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
8.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego durante os meses de abril e outubro de 2005. Expte. 3496/77.

9.- Obras de actuacións do Programa Bial- Novembro de 2005. Expte. 3504/77.

INTERVENCIÓN
10.- Rectificación de importes nos gastos de locomoción do persoal municipal aprobados pola Xunta de Goberno do 7.11.05.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
11.- Adxudicación do concurso para a contratación da redacción do plan de emerxencia municipal. Expte. 70887/210.

12.- Adxudicación do concurso para o subministro de motocicletas para a Policía Local. Expte. 33210/212.

13.- Adxudicación do procedemento negociado para o subministro de vehículos para a Policía Local. Expte. 33209/212

14.- Recursos de reposicións interpostos contra acordo da X.Goberno sobre a reclamación de Dª. Consuelo Vázquez Astray de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 134/243. Desestimada.

15.- Reclamación de Dª. Hermosinda Méndez González de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 14769/240. Estimada, responsable UTE Aqualia-FCC S.A.

16.- Reclamación de Dª. Elisa Manuela Fuentes Campañó de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 261/243. Estimada, responsable UTE Aqualia-FCC S.A.

17.- Reclamación de Dª. Nieves Rodríguez Pérez de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 414/243. Estimada, responsable a UTE Eloymar-Tranvías Eléctricos.

18.- Reclamación de D. Ángel Marcial Román Comesaña de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 15811/240. Desestimada.

19.- Reclamación de Dª. María Nieves Martínez Dacosta de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 16414/240. Desestimada.

20.- Reclamación de D. Antonio Raimundo Rodríguez Fernández de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 129/243. Estimada, responsable Cespa S.A.

PERSOAL
21.- Contratación laboral-temporal polo período de 3 meses de dous técnicos auxiliares de biblioteca, por acumulación de tarefas. Expte. 16094/220.

22.- Prórroga, polo período de 3 meses, do contrato por acumulación de tarefas de 3 auxiliares administrativos. Expte. 16095/220.

23.- Complemento de productividade do persoal do Parque Móbil por manexar maquinaria pesada, correspondente ao 3º trimestre de 2005. Expte. 16099.

24.- Complemento de productividade do persoal do Parque Móbil, polos servizos prestados como palistas, correspondente ao mes de outubro de 2005. Expte. 16100/220.

25.- Complemento de productividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección, correspondente ao mes de outubro de 2005. Expte. 16101/220.

26.- Complemento de productividade do persoal de Cemiterios por servizos prestados en réxime de xornada partida, correspondente ao mes de outubro de 2005. Expte. 16102/220.

27.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do servizo de Cemiterios por exceso de xornada anual, correspondente ao mes de outubro de 2005. Expte. 16103/220.

28.- Gratificación por servizos extraordinarios de domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de outubro de 2005. Expte. 16107/220.

29.- Complemento de productividade do persoal do servicio de Vías e Obras, por conducir vehículos municipais sen ser oficiais, correspondente ao 3º trimestre de 2005. Expte. 16104/220.

30.- Dar conta da resolución da Alcaldía de 15.09.05 sobre o nomeamento de representante do Concello no Comité de Seguridade e Saúde Laboral. Expte. 16113/220.

TURISMO
31.- Adxudicacion de subvencións do Plan de Calidade Turística 2005. Expte. 1733/104.

VÍAS E OBRAS
32.- Modificación dos contratos de subministracións de materiais para o servicio de Vías e Obras. Expte. 46746/250.

XUVENTUDE
33.- Indemnización substitutiva por importe de 12.969,06 € a favor de Algalia S. COOP. Galega polo desenvolvemento do programa de dinamización xuvenil do Monte do Castro. Expte. 1445/336.

34.- Indemnización substitutiva por importe de 2.613,52 € a favor de Concepción Cuña Pérez polo servizo de Infobus do mes de maio. Expte. 1455/336.

35.- Indemnización substitutiva por importe de 5.990,50 € a favor de Xoma Iniciativas Sociais S.L. polos servizos prestados de información xuvenil durante o mes de maio. Expte. 1456/336.

36.- Indemnización substitutiva por importe de 5.999,98 € a favor de Tasoga S.L. polos servizos prestados de ludotecas da Casa da Xuventude e do Pavillón de Coia.Expte. 1453/336.

37.- Rogos e preguntas.