venres, 18 nov 2005
A Galería da Alcaldía do Concello de Vigo acolleu unha homenaxe a Demetrio Bilbatúa, co propósito de recoñecer a longa traxectoria profesional do cineasta nacido en Vigo no ano 1935, e segundo subliñou o concelleiro-delegado de Cultura, Ignacio López-Chaves . Na súa intervención, Bilbatúa recoñeceu que malia que ten recibido homenaxes en diversos países do mundo, o de Vigo "é un hito na historia da miña vida".
venres, 18 nov 2005
O Padroado da Fundación MARCO decidiu o nomeamento de Iñaki Martínez Antelo como novo Director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, na xuntanza que mantivo o pasado xoves. Martínez Antelo é licenciado en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, e Master en Estética e Teoría del Arte polo Instituto de Estética adscrito á Universidad Autónoma de Madrid.
As actuacións terán lugar en distintos lugares da cidade, como o Teatro Fraga-Caixagalicia, no Manteca Jazz, no MARCO e na AAVV Mariña de Cabral
venres, 18 nov 2005
O departamento de Cultura propón para este fin de semán diversas alternativas que van dende a música clásica, no marco do Festival Are More, o jazz, integrado no ciclo Jazz Outono, o funk, no Sinsal Audio, e o teatro, no marco do ciclo teatral "Vigo a Escena", que se desenvolverán en diversos puntos da cidade.
venres, 18 nov 2005
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe venres o campionato de surf "Dakine Big Wave Day", que se desputará con data aberta entre o 20 de novembro e o 31 de xaneiro. Surfistas galegos, portugueses, asturianos, cántabros, vascos e franceses daranse cita, entre Toralla e Cabo Estai, coa "onda máis grande".
venres, 18 nov 2005
O luns celebrase unha sesión extraordinaria do pleno da Corporación Municipal, ás 8:30 horas,para tratar entre outros asuntos das obras da rede se saneamento do túnel do Areal. Ao remate do pleno terá lugar a reunión da Xunta de Goberno Local.