Escoitar
Anuncio Desenvolvemento Local e Emprego

Selección de persoal beneficiario na categoría de oficial do Programa Bial. Convocatoria 2006

venres, 18 nov 2005
A Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, no marco do Plan Municipal de Emprego 2004-2007, está a desenvolver o programa BIAL (Brigadas de inserción e actuación local), destinado a persoas con necesidades socioeconómicas, para realizar obras e/ou servizos de interese municipal. As bases para a selección do persoal oficial beneficiario deste programa, para a quenda 2006, foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión con data 7 de novembro de 2005.

Postos de oficiais requiridos: albaneis, condutores/as, electricista, ferreiro/a, fontaneiro/a, xardineiro/a.

Requisitos
-Ter 18 anos cumpridos e capacidade legal para ser contratado/a, de conformidade coa lexislación vixente.
-Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto solicitado.
-Estar inscrito/a como demandante de emprego nalgunha oficina do Servizo Público de Emprego de Vigo.
-Estar empadroado/a no Concello de Vigo, como mínimo, con 3 meses de antigüidade dende a data da convocatoria.
-Non ter sido persoa beneficiaria dos programas municipais PROMIL ou BIAL en convocatorias anteriores.
-Non poderán participar na mesma quenda do BIAL dúas persoas pertencentes á mesma unidade de convivencia.
-Experiencia profesional na súa categoría, preferentemente, durante cando menos un ano.
-No caso dos oficiais condutores/as, terán que posuír, obrigatoriamente, os carnés de conducir C, D e E.

Baremarase
-Os ingresos económicos da unidade familiar.
-Pertencer aos colectivos prioritarios do Plan municipal de emprego 2004-2007: vítimas de violencia doméstica, persoas discapacitadas, mulleres, mocidade entre 18 e 25 anos, maiores de 45 anos e persoas desempregadas de longa duración.
-As cargas familiares.
-A experiencia laboral e a formación.
-Proba teórico-práctica.

Documentación para presentar
-Impreso de solicitude debidamente cuberto e asinado, segundo o modelo oficial.
-Autorizacións ao Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo (segundo modelo facilitado), debidamente cubertas e asinadas pola persoa candidata e por cada membro maior de 16 anos da unidade familiar, para poder solicitar información socioeconómica e laboral aos organismos competentes.
-Fotocopias validadas dos DNI de cada un dos membros da unidade familiar; no caso de haber menor/es que non o teñan, fotocopias do libro de familia onde estes figuren. Nos casos en que proceda, fotocopia validada do Certificado de Parella de Feito. No caso de estranxeiros, fotocopias validadas da tarxeta de residencia e de traballo.
-Fotocopia validada da tarxeta de demanda de emprego, actualizada, da persoa aspirante.
-Fotocopia validada da denuncia correspondente, ou doutro medio que acredite, no seu caso, a condición de vítima de violencia doméstica.
-Fotocopia validada do informe de discapacidade e/ou incapacidade, emitido polas entidades competentes, nos casos en que proceda e cando a discapacidade sexa igual ou superior ao 33%.

Ademais da documentación ata agora citada, e de acordo cos criterios de baremación específicos expostos, tamén se precisa a seguinte documentación:
1. Curriculo actualizado.
2. Para acreditar a experiencia laboral e a formación impartida presentaranse fotocopias validadas de contratos de traballo/certificados de empresa. Se no contrato de traballo/certificado de empresa non se especifican claramente as funcións realizadas, achegarase unha certificación de funcións; no caso da formación impartida, débese indicar o número de horas impartidas.
3. Para acreditar a formación recibida, presentaranse fotocopias validadas do diploma do centro/entidade de impartición, que deberá indicar o número de horas recibidas.

Aquelas persoas candidatas que non cumpran cos requisitos esixidos ou non acheguen, dentro dos correspondentes prazos, toda a documentación solicitada, quedarán automaticamente excluídas do proceso selectivo.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección do BIAL, para a quenda do 2006, poderán obter información, así como recoller os impresos de solicitude e entregar a docuación en:

-Parque Central de Servizos do Concello de Vigo.Oficinas do BIAL
-Camiño Bagunda nº 1 (ao carón da Igrexa de Santa Cristina-Lavadores).
Tfno: 986 263 068
Prazo de admisión: do sábado 19 ata o mércores 30 de novembro de 2005.
Horario de entrega: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
As bases do proceso de selección pódense tamén consultar na páxina web http://emprego.vigo.org