Corina Porro esixe que Vigo sexa sede do novo Xulgado Mercantil
A alcaldesa, Corina Porro, esixiulle hoxe xoves ao Goberno central a creación do Xulgado Mercantil en Vigo, e non en Pontevedra, que xa ten un. Segundo afirmou, "non se trata de localismos", senón de responder a "unha realidade social".
A demanda da alcaldesa produciuse tras a Comisión Municipal de Xustiza, que se reuniu para determinar a postura do Concello ante a decisión do Goberno central de crear un novo Xulgado Mercantil en Pontevedra.
Corina Porro asegurou que esta decisión, de levarse a cabo, "terá gravísimas consecuencias". A alcaldesa afirmou que hai dúas solucións posibles para esta situación. En primeiro lugar, o Concello, a través da Xunta de Galicia, instará o Ministerio de Xustiza a que deixe sen efecto o Real Decreto do 10 de outubro deste ano. Derogado este Real Decreto, estableceríase unha demarcación xudicial para Vigo, medida que debe ser aprobada polas Cortes Xerais.
A outra posibilidade, "máis curta" segundo Porro, é que a creación do Xulgado Mercantil en Vigo sexa estudada polo Ministerio de Xustiza de cara á súa aprobación polo Consello de Ministros a través dun Real Decreto.
A alcaldesa defendeu a demanda do Concello argumentando que "se trata de que os cidadáns poidan resolver os seus problemas no lugar máis próximo".
Descargar todas as imaxes