O uso obrigatorio da enerxía solar en Vigo está cada vez máis cerca
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves por unanimidade ao Pleno da Corporación a aprobación definitiva da ordenanza municipal que establece o obrigada instalación de sistemas de captación e utilización de enerxía solar nos edificios de nova planta e nos que sexan reestructurados.
O obxectivo desta ordenanza é regular a obrigada incorporación de sistemas de captación e utilización de enerxía solar activa de baixa e media temperatura para a produción de auga quente sanitaria e o quecemento de piscinas.
Segundo a proposta do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, esta medida apliacarase nas obras de nova planta e nas de substitución ou reestructuración de carácter xeral ou total de edificacións existentes. Tamén afecta ás obras de ampliación que en si mesmas supoñan construír unha edificación independente dentro da mesma parcela. Ademais, proponse que a ordenanza se aplique nas instalacións de quecemento de auga de vasos de piscinas cubertas climatizadas de nova construción, así como nas existentes que se pretendan climatizar despois da entrada en vigor da norma.
A enerxía solar obtida a través destes sistemas obrigatorios destinarase aos usos que impliquen a utilización de auga quente sanitaria, desde os resindenciais ata os industriais, pasando polos propios do sector terciario (hospedaxe, comercial, oficinas, entre outros) e os dotacionais (servizos e administracións públicos e centros educativos, culturais, de saúde, de benestar social e deportivos).
Ademais, preténdese que os novos sistemas de captación acheguen uns mímimos de entre un 50% e un 70% da enerxía consumida, dependendo da demanda, no caso de edificacións que utilizan como fonte enerxética de apoio o gasóleo, o propano, o gas natural ou outras. Para as que utilizan enerxía eléctrica por efecto Joule, establécense porcentaxes que van do 60% ao 70% de aporte solar.
O obxectivo desta medida é diminuír a emisión de gases causantes do efecto invernadoiro. Segundo o xerente da Axencia Intermunicipal da Enerxía, Bernardo Parajó, o efecto invernadoiro prodúcese, nunha porcentaxe dun 75 a un 80 por cento, a raíz das denominadas actividades enerxéticas.
Alegacións ao PXOM
Outro punto da orde do día tratado hoxe xoves na reunión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo foi unha moción do PSdeG-PSOE relativa á resposta das alegacións presentadas ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Así, o socialista Mauricio Ruiz propuxo que "cada cidadán, colectivo ou entidade que presentou alegacións ao PXOM" reciba antes da aprobación provisional deste unha "resposta escrita e razoada ás súas peticións ou observacións" nos "domicilios que consten nos correspondentes escritos".
O representate do PP José Manuel Figueroa respondeu que os alegantes "terán toda a información coa máxima transparencia" no momento "que marque o procedemento.
Descargar todas as imaxes