martes, 15 novembro 2005

O Concello quere un Verbum "didáctico, divulgativo, divertido e diverso"

O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe martes os resultados das actividades do Verbum-Casa das Palabras, xunto co director deste museo, Lois Cea. López-Chaves salientou o aumento do número de visitantes e adiantou a intención do Concello de facer do Verbum un museo "didáctico, divulgativo, divertido e diverso".

Bases do concurso "Vente cos Reis Magos 2006"

martes, 15 nov 2005

A concellería de Festas e Animación Sociocultural convoca o concurso "Vente cos Reis Magos 2006" que ten como obxectivo seleccionar a 36 nenos e nenas para acompañar os Reis Magos, na Cabalgata de Reis do próximo ano, que terá lugar na nosa cidade o vindeiro día 5 de xaneiro. Os selecionados serán repartidos en grupos de doce nas tres carrozas reais.