Concentración silenciosa na praza do Rei contra os asasinatos de dúas mulleres a mans dos seus maridos
Veciños de Vigo manifestáronse hoxe martes en silencio en protesta polas dúas últimas mortes por violencia de xénero. Onte foron asasinadas dúas mulleres en Ponteareas e Calatorao (Aragón) a mans dos seus maridos.
A concentración tivo lugar na praza do Rei ás 12:00 e nela estivo presente a concelleira da Muller, Lucía Molares. Varios dos asistentes levaban adhesivos da campaña do Concello contra a violencia de xénero "Eu non son cómplice".
Descargar todas as imaxes