A Escola Obradoiro "Mar de Vigo III" recibe unha subvención de 614.000 euros
A concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares, deu conta hoxe luns da subvención concedida pola Consellería de Traballo para o programa Escola Obradoiro "Mar de Vigo III". A axuda é de cerca de 614.000 euros.
As actuacións desta Escola Obradoiro baséanse en dous eixos relacionados coas actividades marítimas: a construción naval (recuperando embarcacións e oficios tradicionais, así como capacitando nas novas técnicas empregadas nesta disciplina) e as actividades náuticas (potenciando actividades de ocio centradas no ámbito marítimo e capacitando novos profesionais).
As aulas, os talleres e os despachos da Escola Obradoiro "Mar de Vigo III" están situados na nave alugada polo Concello na Estrada do Vao, nº 151. Por parte do Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego estanse a efectuar as xestións oportunas para a posta en marcha deste proxecto, entre outros medios a través de ofertas xenéricas no Servizo Público de Emprego e anuncios en prensa para a selección de persoal.
Lucía Molares definiu a axuda recibida polo seu departamento como unha "oportunidade" para o "fomento dos deportes náuticos", un "sector emerxente na nosa cidade que pode ser fundamental para a nosa economía".
Xunta de Goberno
Outros asuntos tratados pola Xunta de Goberno Local, reunida hoxe luns, foron a adxudicación do concurso para a subministración de dúas autobombas urbanas lixieras, por cerca de 449.000 euros; do concurso para a subministración de materiais para parques municipais, por 150.000; e das obras de reparación e impermeabilización da praza pública Alba Plena, na avenida das Camelias, por algo máis de 147.000 euros.
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o prego de condicións e bases do concurso para a contratación do alumeado público, que contará para a súa realización cun importe de máis de 1.366.000 euros.
Así mesmo, quedou aprobado o proxecto de mellora dos colectores do Areal, co obxectivo de evitar enchentes no Centro como a da semana pasada. A contratación deste obra realizarase por urxencia por uns 569.000 euros.
Na área de Mobilidade e Seguridade, a Xunta de Goberno Local decidiu conceder unha indemnización substitutiva por importe de 36.000 euros a favor da empresa Quality Informations System en relación co sistema móbil de identificación de vehículos.
Descargar todas as imaxes