Medidas de seguridade e de tráfico con motivo da saída da Volta ao Mundo de Vela
Con motivo da saída da Volta ao Mundo a Vela da cidade de Vigo, mañá sábado, 12 de novembro, lembramos as seguintes medidas que se van a adoptar, de interese para todos os cidadáns. Unhas medidas excepcionais pola visita de S. M. El Rey.
- Por motivos de seguridade, os accesos á Estación Marítima estarán pechados entre as 10:30 e 12:00 da maña, polo que todos aqueles cidadáns que desexen acceder á mencionada zona deberán facelo entre as 07:30 e as 10:30, ou a partires das 12:00.
-No acceso á Estación Marítima haberá 13 puntos de control policial, onde os cidadáns serán rexistrados. Para facilitar a fluidez no acceso, recomendase a todos os asistentes que non porten bolsas, mochilas ou bolsos, pois serán rexistrados.
TRÁFICO
- Toda a zona e arredores da Estación Marítima será peonil. Queda prohibida a circulación de vehículos na praza de Compostela, rúa Victoria, García Olloqui, Luis Taboada, Carral, Reconquista, Marqués de Valladares, Velázquez Moreno, Concepción Arenal, Pablo Morillo e Castelar, agás accesos a garaxes e transporte público urbano a partires das 9:00 e ata o remate dos actos, previsto para as 16:00 horas. O itinerario alternativo previsto para os vehículos nos sentidos Teis-Bouzas e Bouzas-Teis establecerase polo túnel de Beiramar. Recomendase evitar a circulación de vehículos polo centro da cidade durante o horario dos actos e o emprego do transporte público.
- Vitrasa reforzará as circulares C1, C2 e Circular Inversa.
ENCLAVES
- Lémbrase a todos os cidadáns que poderán contemplar a saída da regata dende os seguintes puntos: Punta Lagoa, Espigón do peirao do Náutico, Porto Deportivo do Náutico, Peirao de Transatlántico, Espigón do Porto Deportivo, Museo do Mar, Samil, Paseo Paz Andrade en Bouzas, Ponte de Toralla e peirao do Club Marítimo de Canido.