Escoitar

Os deportistas embarcan no Amorina

A goleta Amorina levará abordo o venres, día 11, a representantes do comercio, o turismo e o deporte da cidade a unha visita guiada pola Ría de Vigo xunto á Concelleira de Comercio, Turismo e Deportes, Lucía Molares.

xoves, 10 nov 2005
1131634777goleta.jpg
Goleta Amorina
Pola parte do deporte, asistirán os patrocinadores da Fundación Vide e os deportistas de élite da cidade, entre os que están os seis regatistas de vela lixeira patrocinados pola Concellería de Turismo. Os deportistas compartirán viaxe con representantes das principais entidades viguesas de comercio e turismo. A embarcación recorrerá a costa ata a Ponte de Rande nunha visita turística de dúas horas na que se explica a gran importancia do mar para o crecemento da cidade ó longo da historia.

Durante toda a semana, a goleta Amorina fixo rutas guíadas pola costa nas que participaron representantes das asociacións de mulleres e das federacións e clubes deportivos da cidade para celebrar a saída da Volvo Ocean Race o próximo sábado.
Descargar todas as imaxes