Corina Porro inaugura na Estación Marítima o "Village" da Volta ao Mundo a Vela
A alcaldesa, Corina Porro, inaugurou hoxe mércores o "Village", un centro de actividades situado na Estación Marítima co gallo da Volvo Ocean Race. O "Village" acolle as carpas do Concello, da Xunta e de patrocinadores do evento, erixíndose no seu referente comercial e informativo para vigueses e visitantes.
Corina Porro aproveitou esta inauguración para agradecerlle a todas as institucións e entidades que participan na Volta ao Mundo a Vela a súa colaboración. "Entre todos", dixo, facemos máis cidade. Entre todos facemos máis Galicia".
Pola súa parte, o director da organización da Volvo, Glenn Bourke, celebrou o "gran recibimento" que Vigo e Galicia lle están a dar a este evento, polo que afirmou estar "encantado co lugar". Glenn Bourke agradeceulle ao rei Xoán Carlos o seu apoio á proba náutica, que dixo será "moi entretida para o públlico". Por último, o director da organización anunciou que o sábado12 terá lugar "unha saída espectacular".
Tamén estivo presente no acto o director xeral de Deportes da Xunta, Santiago Domínguez Olveira, quen expresou o seu desexo de que Vigo e Galicia "aproveiten esta circunstancia para dárense a coñecer" e demostrar "que temos un tesouro sen igual, como é o noso mar e a nosa ría".
O presidente da Autoridade Portuaria, Abel Caballero, afirmou pola súa parte que "hoxe o Porto de Vigo véstese de festa". Caballero definiu a Volvo como unhas "olimpiadas paralelas" que o próximo sábado "reunirán máis xente que nunca", o cal servirá, asegurou, para "facer a Vigo un pouco máis grande".
O "Village", situado na Estación Marítima, convértese no centro de actividades de cara á saída da Volvo. Espérase que se acheguen a el miles de persoas. O "Village" ocupa unha superficie de 2.000 metros cadrados, nos cales se emprazan as carpas do Concello, da Xunta e de patrocinadores como Telefónica, Estrella Galicia, El Corte Inglés, Caixa Galicia, Disney, Caixanova, Begano, Begonsa, Rodman, Pescanova, Leche Pascual, Martín Códax, Turgalicia, Musto e Galicia Dixital.
A carpa do Concello, de 50 metros cadrados, ofrece aos cisitantes información da cidade e da programación da Volvo. A carpa está atendida por dúas persoas de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, desde hoxe mércores ata o domingo día 13. Non obstante, o sábado 12, por ser o día da saída, o horario será ininterrompido das 10:00 ás 19:00.
O "Village" contará con elementos de animación como os pasarrúas "Un mar de peixes", nos cales participan grupos musicais e de animación disfrazados de polbos, lagostinos, peixes e neptunos. Este "Mar de peixes" terá un horario de 17:00 a 20:00 e rematará o sábado.
Preto de aquí, no peirao de trasatlánticos, a goleta Amorina ofrece rotas turísticas pola ría, pola mañá para colectivos, pola tarde para os cidadáns en xeral e pola noite para os mozos.
Descargar todas as imaxes