Escoitar

Gala Benéfica en Vigo da película de Walt Disney "Chicken Little"

Dentro da programación de animación que organiza o Concello con motivo da saída da Volvo Ocean Race, o xoves, día 10 de novembro, ás 19 horas, nos Cines Yelmo terá lugar, en primicia , a estrea da nova película de Walt Disney "Chicken Little" a favor da ONG Cooperación Internacional e do seu proxecto "Un Sorriso por Nadal" que cada ano mobiliza a máis de 4.000 xoves voluntarios en Vigo e outras 20 cidades españolas, e que beneficia a milleiros de nenos e persoas desfavorecidas.

martes, 8 nov 2005
1131525323pollo.jpg
Pollo
Banco Santander Central Hispano é o patrocinador deste evento, e doará a cantidade de 9.000 euros a Cooperación Internacional ONG. A presentación do acto correrá a cargo de Paul Cayard, patrón do veleiro de Disney Piratas do Caribe que participa na Volvo Ocean Race, a volta ao mundo a vela que sae o venres 12 de novembro do porto de Vigo.

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro , asistirá ao acto; tamén confirmaron a súa asistencia as actrices Camila Bossa e María Castro, o atleta paraolímpico Chano Rodríguez, os ex xogadores do Celta de Vigo Vladimir Gudelj, Miroslav Ratkovic, Javier Mate, e Atilano Vecino, así como varios membros da Corporación de Vigo e da Xunta de Galicia.