Escoitar
Polo serán, entre as 17:00 e 19:00 horas, realiza visitas pola ría para todos aqueles que o desexen

O Concello pon a disposición dos cidadáns a goleta "Amorina" para pasear pola Ría

O Concello de Vigo pon a diposición dos cidadáns a goleta "Amorina" para realizar rutas turísticas pola ría. Todas as tardes, entre as 17:00 e 19:00 horas e ata a saída da Volta ao Mundo a Vela, todos aqueles cidadáns que o desexen terán a posibilidade de embarcar nesta goleta a pasear pola ría. Para acadar os tickets para realizar as rutas na goleta polo serán, deberán contactar coa naviera Mar de Ons nas súas oficiñas ou ben no teléfono 986 225272.

luns, 7 nov 2005
1131367321goleta.jpg
Goleta Amorina
Polas noites, o Concello de Vigo puxo en marcha o programa "Noites de mar". A partires do día 5 e ata o 13 de novembro, como período previo á saída da Volvo Ocean Race, a goleta Amorina realizará travesías pola ría con capacidade para 150 persoas por noite. A bordo contará con amenización a cargo de DJ´s. Inscricións na Casa da Xuventude ata cubrir prazas.

O Concello de Vigo utiliza a goleta polas mañás para desplazar a integrantes de federacións deportivas e outros colectivos en visitas pola ría de Vigo.

A goleta Amorina, que ten 48,5 metros de eslora, ven de realizar unha viaxe como universidade flotante entre Almería e Patras (Grecia). Trinta estudiantes españois embarcaron nesta goleta para recrear a travesía que fixo Miguel de Cervantes en 1571 para loitar na Batalla de Lepanto. Ata o día 13 de novembro, a embarcación permanecerá en Vigo
Descargar todas as imaxes