Escoitar

A guitarrista Margarita Escarpa interpretará obras de Soler e Bach o no marco do Festival Are More

A guitarrista Margarita Escarpa ofrecerá un concerto o sábado, día 5 ás 20.30 horas, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, cuxa entrada é libre ata completar aforo. Por outra banda, o luns, día 7, ás 20:30 horas , no Auditorio Municipal , inaugurase o ciclo "Músicas para o silencio" que se desenvolve no marco do Festival Are More ata o 28 de novembro.

venres, 4 nov 2005
1131096738are.jpg
Margarita Esparca, aclamada como unha das mais grandes concertistas españolas, interpretará, na primeira parte do concerto, a Fantasía número 7 de Fernando Soler (1778-1839), e catro obras do século XVIII, en concreto catro sonatas de Sebastián Alberó (1722-1756) e de Antonio Soler (1729-1783) e a obra "Le Fandango varié" de Dionisio Aguado (1784-1849). Xa na segunda parte interpretará o Preludio, fuga e Allegro BWV 998 de Johan Sebastian Bach (1685-1750), tres Preludios de Héctor Villalobos (1887-1959) e Tres valses venezolanos de Antonio Lauro (1917-1986).

Margarita Escarpa formouse musicalmente no Real Conservartorio Superior de Madrid, onde recibiu os ensinos dos mais imprtantes mestres como David Russell, Gerardo Arriaga, Miguel Ángel Girollet e a influenza dos mellores intérpretes actuais. Finalizou os seus estudos co Premio Extraordinario Fin de Carreira e pouco despois licenciouse en Matemáticas na Universidade Autónmoma de Madrid. Obtivo ademais dous premios nacionais e oito internacionais, entre os que destacan os conseguidos no ano 1991 no prestixiosa competición do Festival Internacional de Esztergom, de Hungría, en 1993 no Concurso Internacional Andrés Segovia de Palma de Mallorca, e en 1994 no Solo Guitar Competition, organizado pola Guitr Foundation of America en Qubec.

Estes galardóns, xunto coas súas excelentes calidades, abríronlle a posibilidade de participar en festivais de Europa, Asia, Estados Unidos e Canadá, impartindo cursos de perfeccionamento e ofrecendo recitais e concertos con orquestra, cos que obtivo unha magnífica acollida de crítica e público. Ademais, ten gravado diversos cedés, o primeiro deles no ano 1990 para RTVE, e posteriormente para Opera Tres, Naxos e GHA Records.

Na actualidade compaxina a súa actividade concertística coa docente, impartindo clases no Conservatorio Superior de Música de Vigo. A crítica especializada e o público coinciden en destacar a súa intensa sensibilidade artística e solvencia técnica, ambas guiadas pola súa ampla formación musical.

A película "Luces na cidade", de Charles Chaplin, abre o ciclo "Músicas para o silencio"

O vindeiro luns, 7 de novembro ás 20.30 horas, o Auditorio do Concello de Vigo acollerá a inauguración do ciclo "Músicas para o silencio" que se desenvolverá no marco do Festival Are More ata o 28 de novembro.

A película de Charles Chaplin "Luces na cidade" é a elixida para abrir este novidoso ciclo de cine non sonoro con música en directo, que conta coa colaboración do Cine Clube Lumiere e o propio Conservatorio coas agrupacións que interpretarán a música en directo. Nesta ocasión, o Trío de corda Pus XXI, creado no ano 2003 no seno do Conservatorio Superior de Música de Vigo e formado polos violinistas Leonardo Blanco e Diana Rego e o violoncello Susana Blanco, será o encargado de interpretar en directo a música deste clásico do cine mudo de 1930.

Na cinta, en branco e negro e de 81 minutos, Chaplin relata a fascinación sentida polo protagonista ao ver a unha moza cega que vede flores na rúa e decide entregarlle a súa última moneda por unha flor. Esa mesma noite, salva a un millonario que se tira ao río para suicidarse e malia que ambos caen ao auga varias veces, son devoltos á beira. Tras emborracharse xuntos, acompáñao a casa, onde atopan a florista. Finalmente, o protagonista consegue cartos do seu novo amigo para mercar todas a flores que a moza leva no cesto.

Director, compositor, actor e guionista, Charles Chaplin, nacido en Londres en 1889 e morto en Suiza en 1977, é un mito fundamental da cultura do século XX. Fillo dun cantante de vodevil e dunha actriz de teatro, debutou nel aos cinco anos. Realizou numerosas xiras que o levaron aos Estados Unidos en 1912, e tras o éxito acadado con "O romance de Charlot", fundou a United Artist en 1920 xunto a Mary Pickford, Douglas Fairbanks e David. W. Griffitt. Na súa filmografía, ademais de "Luces na cidade" destaca "O mozo" de 1921, "O circo" de 1927, "Tempos modernos" de 1935, "O gran ditador" de 1940, "Limelight" de 1952, "Un rei en Nova Iorque" de 1957, e "A condesa de Hong-Kong" de 1967, o seu último traballo.

O 14 de novembro será a seguinte cita do ciclo "Músicas para o silencio", cando o Trío con piano Mesturas interpretará a película de Jean Renoir "O lacazán", filmada no ano 1928.
1131096738are.jpg
1131097115Magaritaescarpa.jpg
1131097164lucesdelaciudad.jpg
Descargar todas as imaxes