A Xerencia de Urbanismo aproba axudas para rehabilitación no Casco Histórico de Bouzas
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe xoves axudas para a rehabilitación de elementos comúns na rúa Pescadores nº 2 e no inmoble da rúa do Pazo nº 8, e da vivenda situada no nº 8-1º desta mesma rúa. Estas tres actuacións enmárcanse no convenio para a rehabilitación de edificios e vivendas do Casco Histórico de Bouzas.
Este convenio foi asinado pola alcaldesa, Corina Porro, e o daquela conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo, o 26 de febreiro de 2004.
Por outra parte, o Consello da Xerencia de Urbanismo declarou que o edificio situado na rúa Manuel Núñez nº 17 non está en estado de ruína. Por este mesmo acordo ordénase aos propietarios tomar as medidas necesarias para manter a seguridade, salubridade e ornato do edificio. No caso de incumpriren esta orde, o Concello executará as obras subsidiariamente a custa dos interesados, ou de maneira forzosa, por medio da imposición de multas de 300 a 6.000 euros.
Outra decisión adoptada hoxe xoves polo Consello da Xerencia é a de declarar nulo un acordo de protección da legalidade urbanística na rúa San Bernardo-Pescadería, no que se refire á omisión do preceptivo tramite de audiencia a dous dos titulares rexistrais do inmoble. Estes titulares teñen un prazo de quice días, a partir do seguinte á notificación deste acordo, para presentaren as alegacións que estimen oportunas en defensa dos seus dereitos.
Obras de Vigo 2005
Por último, os representantes do PSdeG-PSOE, BNG e PG no Consello da Xerencia solicitaron do Goberno local un informe técnico sobre os servizos do subsolo das rúas incluídas no proxecto de humanización Vigo 2005. O concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, afirmou que o dito informe será realizado por técnicos municipais e transmitido a todos os grupos políticos. En resposta ás denuncias de retraso nas obras de transformación urbana do centro feitas por PSdeG-PSOE e BNG, Figueroa asegurou que estas se finalizarán "nas debidas condicións e "nun tempo prudente".
Descargar todas as imaxes