Escoitar

Educación organiza dous programas didácticos sobre igualdade e de prevención da violencia

A concellería de Educación, a través do Instituto Municipal de Educación, oferta aos centros de ensino da cidade dous programas didácticos cos títulos " Na escola en igualdade" e "Se empatas, gañas" e que presentou o xoves en rolda de prensa o concelleiro Ignacio López Chaves.<br />

xoves, 3 nov 2005
1131025763educativo.jpg
"Na escola en igualdade" consta de 24 obradoiros de igualdade de xénero de oito horas de duración por aula, para alumnado de infantil e 1º e 2º ciclo de primaria, que tenta achegar os valores de igualdade entre nenos e nenas, rompendo estereotipos de carácter sexista. Os contidos a desenvolver son sexo e xénero; ámbito productivo e reproductivo; a igualdade de oportunidades e a problemática da violencia de xénero.

"Se empatas, gañas", consta de 8 obradoiros de prevención da violencia na adolescencia de 35 horas de duración por aula, para alumnado do 2º ciclo de educación secundaria que tenta mellorar os niveis de convivencia nos centros educativos. Os asuntos que se tratarán neste programa son o coñecemento e cohesión de grupo; a conducta violencia; aprendendo a resolver conflictos e sexismo e violencia de xénero.

Os centros interesados nos programa deberán cumprimentar unha ficha de inscrición e remitila ao Instituto Municipal de Educación do Concello, a través dos seguintes números de fax: 986 207 864 ou 986 810 267
Descargar todas as imaxes