O novo horario será ininterrompido de 9 da mañá a 18,30 horas da tarde
luns, 31 out 2005
Con motivo da festividade de Tódolos Santos, que terá lugar o próximo martes, os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro, os cemiterios permanecerán abertos dende as 9:00 horas ata ás 18:30 horas. A partir do día 3 de novembro quedará restablecido o horario habitual: de mañá de 9.00 a 13.00 e de tarde de 15.15 a 18.30 horas. O transporte de autobuses urbanos , ademais dos servizos habituais aos cemiterios, reforzará as liñas C15 e L17.
luns, 31 out 2005
O Consello Social da Lingua Galega do Concello de Vigo, reunido onte xoves, 27 de outubro, declarou o seu apoio á candidatura do patrimonio oral galego-portugués a Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade, distinción que concede a UNESCO.
luns, 31 out 2005
O Concello de Vigo xunto con Aquialia, empresa concesionaria do abastecemento e saneamento, están a realizar actuacións no municipio tendentes a mellorar as redes destes servizos.
luns, 31 out 2005
Do 3 de novembro ao 21 de decembro os amantes da ópera terán un cita en Vigo coa nova programación "Lírica de Otoño" que organiza a Asociación de Amigos de la Ópera e que presentou hoxe o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves.