Lucía Molares presenta o Grupo Comertal como novo patrocinador do Celta de fútbol sala
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe venres o novo patrocinador do Real Club Celta de fútbol sala, o Grupo Cometal, unha empresa con sede no polígono industrial de Silleda.
O Clube Deportivo Vigo de Fútbol Sala deu nas últimas semanas dous importantes pasos de cara a consolidar o seu ambicioso proxecto de futuro. Primeiro foi a sinatura do acordo de colaboración co Real Club Celta e hoxe venres, despois de innumerables xestións, chegou o momento de presentar o seu novo patrocinador: o Grupo Cometal.
A encargada de facelo foi a concelleira de Deportes, Lucía Molares, unha das persoas que máis ten apoiado a este equipo e que recordou o "grande esforzo" que o Concello ten feito para subvencionar o deporte vigués, de xeito que os clubes "poidan centrarse en conseguir resultados deportivos".
O agora chamado Cometal Celta de Vigo Fútbol Sala obterá grazas tamén ao seu novo patrocinador o respaldo económico para centrarse no aspecto exclusivamente deportivo, non só do seu primeiro equipo senón tamén das súas exitosas categorías inferiores e das escolas municipais, que reúnen uns 150 nenos. Os xogadores tentarán devolver na pista a confianza depositada nel polo Grupo Cometal, que achega un 60% do orzamento do club. O acordo con esta empresa, dedicada á construcción de estruturas metálicas, ten unha vixencia de un ano con posibilidade de prórroga.
No acto de hoxe venres foi presentada tamén a nova equipación do club.
Descargar todas as imaxes