Escoitar

O Concello e Aqualia traballan na mellora do abastecemento e saneamento de Vigo

O Concello de Vigo xunto con Aquialia, empresa concesionaria do abastecemento e saneamento, están a realizar actuacións no municipio tendentes a mellorar as redes destes servizos.

luns, 31 out 2005
Actualmente, en Cabral as obras desenvolvidas dentro deste convenio inclúen a execución de novos colectores para posibilitar o saneamento dunhas 100 vivendas, completando así a rede de saneamento da parroquia. As obras teñen un orzamento de algo máis de 1.050.000 euros e contan cunha porcentaxe de execución do 7% ata o de agora.

Outra actuación é a destianda a pór en valor as instalacións de abastecemento executadas pola Xunta de Galicia no Monte Cepudo. O proxecto contempla un novo depósito de 50 metros cúbicos anexo ao existente, así como a automatización das instalacións e a posta en marcha do bombeo. Esta actuación, dotada con cerca de 80.000 euros, está executada no seu 98%.

Ademais, en Valadares estaba proxectada a execución de 296 acometidas domiciliarias, actuación realizada no seu 90% e que conta cun investimento de case 349.000 euros, dentro das obras de ampliación do saneamento da parroquia.

Por outra parte, as obras de saneamento de Bembrive, consistentes na ampliación do servizo mediante a instalación dunha serie de colectores e acometidas para unhas 130 vivendas, ten un orzamento de algo máis de 1.175.000 euros e unha porcentaxe de execución do 70%.

Outras actuacións acometidas dentro deste convenio son o saneamento do pazo "Quiñones de León", a eliminación do colector de Coruxo da depuradora do Lagares, a substitución do colector do mercado de Bouzas, a mellora da depuradora de Teis e a ampliación do saneamento de Beade.