Horarios de apertura dos cemiterios municipais en datas próximas ao día de Tódolos Santos
Con motivo da festividade de Tódolos Santos, que terá lugar o próximo martes, os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro, os cemiterios permanecerán abertos dende as 9:00 horas ata ás 18:30 horas. A partir do día 3 de novembro quedará restablecido o horario habitual: de mañá de 9.00 a 13.00 e de tarde de 15.15 a 18.30 horas. O transporte de autobuses urbanos , ademais dos servizos habituais aos cemiterios, reforzará as liñas C15 e L17.
No cemiterio de Pereiró disporase dun servicio de ambulancia e de varias cadeiras de rodas para persoas con minusvalía física que o necesiten. Deste xeito aquelas persoas que teñan especiais dificultades poderán visitalos lugares onde descansen os seus seres queridos.
A superficie total dos cemiterios municipais (Cabral, Candeán, Bembrive, Lavadores, Pereiró, Zamáns, Teis e Beade) é de 103.000 metros cadrados e aparte dalgúns panteóns, criptas e as sepulturas de terra, albergan un total de 31.050 nichos, dos que 4.692 son propiedade do Concello e se alugan por un período de seis anos, prorrogable por catro máis ata un máximo de dez anos. Os 26.328 restantes son propiedade ou concesións administrativas por 50 anos.
As actuación desenvolvidas este ano polos servizos de cemiterios figura a adquisición dun vehículo e o traslado dos servivios hixiénicos ao interior do recinto de Pereiró xa que se atopaba no exterior do cemiterio.
Na actualidade o servizo municipal conta cunha dotación de 70.000 euros para a construcción de nichos ou cinceiros. Preveuse a construcción de 228 novos columbarios-cinceiros, no cemiterio de Pereiró. O pasado 14 de outubro o BOP piblicaba a contratación por sdubasta aberta da execución das obras de construcción, período que aínda se atopa aberto, para a presentación das ofertas. No anteproxecto dos orzamentos para o próximo ano figura unha dotación de 150.000 euros para a construcción de nichos e cinceiros.
Descargar todas as imaxes