Escoitar

A Xunta de Goberno aproba as subvencións para programas de servizos sociais

36 entidades e asociacións sen ánimo de lucro da cidade recibirán un total de 75.000 euros de subvención para o desenvolvemento e mantemento de programas de servizos socias, segundo acordo a Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada o luns.

luns, 31 out 2005
A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego trasladou á Xunta de Goberno para a súa aprobación a memoria de apoio á xestión de atención ás persoas do Concello de Vigo para presentar á convocatoria de “Programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítmas de violencia doméstica” coa finalidade de contratar a sete mulleres beneficiarias deste programa.

A Xunta de Goberno Local autorizou o gasto de 190.000 euros para realizar un Plan de Sinalización integral: turística, orientativa e informativa da cidade. O obxecto do contrato é o deseño, fabricación e instalacións dun completo sistema de sinalización turística, orientativa e indicativa direccións, lugares e de todos os recursos turísticos da cidade que posúan un marcado interese turístico, cultural, monumental, paisaxístico e social.

Da concellería de Deportes aprobouse a revisión do prezo do contrato para realizar o mantemento do terreo de xogo do Estadio Municipal de Balaídos, adxudicado a CESPA ,S.A. para o ano 2005 pola cantidade de 32.366,30 euros. Tamén autorizouse a prorroga do contrato para a dirección técnica dos traballos de mantemento dos campos de fútbol de Balaídos, Barreiro e A Madroa, ao enxeñeiro José Manuel Cendón Rodríguez.