Escoitar

A Lotería Nacional aposta por Vigo co gallo da saída da Volta ao Mundo a Vela

O Auditorio Municipal será o escenario do sorteo da Lotería Nacional do sábado 5 de novembro. Loterías e Apostas do Estado apoia a Vigo con este evento, dándolle notoriedade xusto unha semana antes da saída do noso porto da Volvo Ocean Race.

xoves, 3 nov 2005
1131027596loter0311.jpg
O sorteo, que se celebrará ás 17:00 coa presenza da alcaldesa, Corina Porro, foi presentado hoxe xoves pola concelleira Lucía Molares, o Xefe de Sorteos de Loterías e Apostas do Estado, Ángel López Hurtado, e o delegado provincial deste organismo, José Antonio de Román.

A do próximo sábado será a teceira ocasión en que Vigo acolla un sorteo da Lotería Nacional. As dúas anteriores foron en 1984 e 1997. Co gallo deste sorteo, Loterías e Apostas do Estado emitirá dez series de 100.000 billetes cada unha. Os billetes divídense en décimos de seis euros, resultando un total de 10.000.000 de décimos. Estes décimos inclúen o nome de Vigo coa lenda "Porto de saída da Volta ao Mundo a Vela. Novembro 2005", acompañada dunha fotografía aérea da cidade e da ría.

A emisión deste sorteo ascende a 60.000.000 euros, dos cales un 70% (42.000.000 euros) se distribuirán en premios. Destes, os máis cuantiosos serán o premio especial acumulado (3.000.000 euros a un só décimo), o primeiro premio (600.000 euros por serie) e o segundo (120.000 euros por serie).

As vendas de Lotería Nacional en 2004 sumaron en España cerca de 5.000 millóns de euros e en Galicia superaron os 240 millóns. Estas cifras supoñen un gasto por habitante de 117 euros en España e de 88 euros en Galicia durante o ano pasado.
1131027596loter0311.jpg
1131027613loteria.jpeg
Descargar todas as imaxes