Os convenios colectivos serán o tema principal do X Encontro Sindical da Muller
O Hotel Lisboa de Vigo acollerá mañá, xoves 3 de novembro, e pasadomañá, venres 4, o X Encontro Sindical da Muller, organizado pola CIG, CCOO e UXT coa colaboración do Concello. Neste Encontro, centrado este ano nos convenios colectivos, analizarase a situación laboral actual das mulleres e debatiranse fórmulas para alcanzar a igualdade de oportunidades.
A concelleira Lucía Molares dixo hoxe mércores durante a presentación deste evento que "se levan moitos anos traballando duramente na nosa comarca para conseguir a igualdade de dereitos" entre mulleres e homes. Neste sentido, recordou o proxecto "Conta con Elas" da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Lucía Molares engadiu que neste X Encontro "se van poder debatir actuacións concretas para mellorar as condicións laborais das mulleres".
As dúas xornadas deste Encontro, titulado "A muller na negociación colectiva", servirán para analizar a situación das mulleres nos diferentes convenios colectivos da nosa comunidade, así como para coñecer as trabas reais que afrontan hoxe en día as traballadoras. Ademais, tratarase de crear liñas de actuación para modificar os estereotipos e práticas sociais e culturais que impiden materializar unha igualdade de oportunidades real, así como para eliminar as discriminacións que de maneira indirecta sofren as mulleres nos centros de traballo. Así mesmo, o Encontro fomentará a participación da muller no proceso de formación.
Como coordinadoras deste evento, Ánxeles Arias, da UXT, e Elena Rodríguez, de CCOO, agradeceron a colaboración prestada pola Concellaría da Muller. Ánxeles Arias dixo esperar que as dúas xornadas de debate supoñan "un avance cuantitativo e cualitativo" na superación das "moitas trabas" que aínda encontran as mulleres no plano laboral. Ademais, a representante da UXT demandou aos empresarios "o acceso igualitario aos postos de dirección", actualmente vedados en gran parte, segundo afirmou, á maioría das mulleres. Pola súa parte, Elena Rodríguez pediulles ás mulleres "que se mentalicen para alcanzar os seus obxectivos".
Os organizadores esperan que participen unhas 200 mulleres neste X Encontro, que será inaugurado mañá xoves ás 10:00 pola concelleira Lucía Molares.
Descargar todas as imaxes