Volven as Noites Vivas
A partires do vindeiro 4 de novembro e ata o 17 de decembro, a Concellería de Xuventude pon en marcha unha nova programación de ocio gratuíto nas tardes e noites dos venres e sábados.
Tardes e Noites Vivas é un programa que ofrece aos xoves da cidade de Vigo unha proposta de ocio alternativa e de calidade, na que se combinan ofertas de entretemento para os diversos perfís de mozos e mozas con espacios para a educación non formal. Para elo trátase de implicar na definición e realización da programación das actividades á mocidade e, en particular, ás agrupacións e asociacións xuvenís da cidade.
Actividades
As actividades a desenvolver son de carácter lúdico, deportivas, de xogos, obradoiros, de novas tecnoloxías e culturais .
a) Actividades lúdicas: Actividades amenas e divertidas, con atractivo para a noite e que mobilizan a un número importante dos/das asistentes. Entre elas podemos destacar: Xogos de rol, bailes (moderno, latinos, brasileiros, orientais, batuka, ...) malabares, karaoke, percusión, break-dance, etc.
b) Actividades deportivas e xogos: Trátase de ofertar diversos deportes colectivos nos que se poidan incorporar criterios de entretemento á par da consabida competencia deportiva ( baloncesto, pachangas, fútbol sala, esgrima, tiro con arco, tai-chi, wu-shu, etc.).
c) Obradoiros: Son actividades a realizar en paralelo ás lúdicas e ás deportivas e xogos. Preténdese que cada día haxa unha variedade de xeito que poidan interesar a diferentes perfís de xoves (linguaxe de signos, coiro, atrapasoños, masaxes, defensa persoal, xabóns artesanais, perfumes, protocolo, abelorios, reciclaxe, cócteles sen alcohol, cociña, iniciación a teatro, etc.).
d) Acceso ás novas tecnoloxías: Actividades a realizar de forma paralela ás anteriores (acceso a internet, iniciación a Linux, deseño de webs, montaxe PC, melodías e xogos para móbiles, liga de xogos en rede, chat, messenger, etc.).
e) Actividades culturais: Trátase de ofertar un abano de actividades alternativas de carácter cultural (Teatro, concertos, protocolo, etc).
f) Espacios para quedar: Preténdese poñer a disposición dos/das xoves algúns espacios que poidan ser punto de encontro e reunión. As actividades a desenvolver neste espacio serán libres (xogos de mesa, xadrez, xogos de inxenio, etc.).
Actividades especiais
Noites de mar: A partires do día 5 e ata o 13 de novembro, como período previo á saída da Volvo Ocean Race, a goleta Amorina realizará travesías pola ría con capacidade para 150 persoas por noite. A bordo contará con amenización a cargo de DJ´s. Inscricións na Casa da Xuventude ata cubrir prazas.
Animación no bus nocturno "O Buho": a compañía teatral "Uveé D´eau Ble (W)" amenizará as viaxes do bus nocturno, mediante pequenas representacións con carácter preventivo, e agasallará aos xoves participantes.
Baloncesto "Vigo en xogo": no Pavillón Municipal de Deportes do Berbés celebraranse cada fin de semana encontros de baloncesto. Serán os venres de 23:00 a 1:30h. e os sábados de 22:15 a 00:45h.
II Sonic Hip-Hop Festival: Como colofón desta edición do programa de ocio "Tardes e Noites Vivas", celebrarase o segundo festival dedicado ao estilo hip-hop e ás súas formas de expresión. Será o 17 de decembro, no Pavillón Municipal de Deportes do Berbés.
Lugares e horarios
Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas): venres e sábados de 17 a 23:00h.
Pavillón deportivo do Instituto de Ensino Secundario O Castro (r/J.G. Posada Curros, 1): venres e sábados de 22:00 a 1:00h.
Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (r/ Jacinto Benavente,1): venres e sábados de 23:00 a 1:30h.
Pavillón Municipal de Deportes de Coia (Avda. Castelao s/n): os venres de 23:00 a 1:00h.
A.X. Cancerbero (r/ Heraclio Botana, 6 Baixo esquerda): os venres 4 e 18 de novembro e 2 de decembro, de 23:00 a 2:00h.. Os demais venres levarán a cabo a actividade no Instituto de Ensino Secundario O Castro, de 22:30 a 1:30h.
A.V. Camiño V. de Coia (r/ Marín,1): os venres de 19:00 a 21:00h.
Descargar todas as imaxes