Pleno da Corporación Municipal
A Corporación celebra pleno ordinario o venres, día 4 de novemenro, a partir das 10:30 horas, cos seguintes asuntos na orde do día:
1.- Dar conta do escrito do Grupo municipal do PSdeG-PSOE de data 26.09.05, polo que comunica a designación de voceira e voceiro adxunto do devantido grupo.
2.- Dar conta do escrito do Grupo municipal do BNG de data 13.10.05, polo que comunica substitución da representante do devandito grupo no Consello Municipal da Muller.
3.- Dar conta do escrito de data 13.10.05 do voceiro do Grupo municipal do BNG, comunicando nova designación de membros do devandito Grupo nas diferentes comisións informativas.
4.- Nomeamento por substitución de representante corporativo do Grupo municipal do PSdeG-PSOE no Pleno da Mancomunidade de Municipios da Área Intermunicipal de Vigo.
5.- Nomeamento por substitución de representante corporativo do BNG no Pleno da Mancomunidade de Municipios da Área Intermunicipal de Vigo.
6.- Nomeamento por substitución de representante corporativo do Grupo municipal do BNG no Consello de Administración do Instituto Municipal dos Deportes.
7.- Nomeamento por substitución de representante corporativo do Grupo municipal do BNG no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.
8.- Nomeamento por substitución de representante corporativo do Grupo municipal do BNG na Xunta Rectora da Escola Municipal de Artes e Oficios.
ALCALDIA
9.- Dar conta da Resolución da Alcaldía modificando a anterior de data 2 xaneiro 2004 en canto a delegación de competencias.
URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
10.- Estudo de detalle da UA Ceán-1. Proposta desestimatoria. Expte. 7811/411.
11.- Modificación do plan parcial 03.23 Baruxáns B. Desistimento. Expte. 9642/411.
12.- Ampliación da cantidade global destinada a productividade no Orzamento da Xerencia Municipal de Urbanismo.
13.- Aprobación inicial de modificación puntual do Regulamento do Consello Sectorial de Urbanismo.
XESTIÓN MUNICIPAL
14.- Aprobación da conta xeral correspondente ó exercicio 2004.
15.- Declaración de principios para construír a Sociedade da Información co galo da celebración do día de Internet o pasado 25 de outubro.
16.- Asignación ou modificación de nomes de rúas en Lavadores e San Miguel de Oia.
MOCIÓNS
17.- Moción Grupo municipal do PG sobre a construcción de beirarrúas en San Xoán Poulo.
18.- Moción do Grupo municipal do PG instando a nomear unha rúa como "Antonio Nieto Figueroa - Leri".
19.- Moción do Grupo municipal do PG sobre a construcción de beirarrúas en Castrelos.
20.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre o peche da farmacia de San Paio de Navia
21.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre a cesión do edificio Cambón para sede Patronato Illas Atlánticas.
22.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre actuacións Bouza Sur
23.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre inclusión do grupo."O Revoltallo" na programación das festas do verán de Vigo.
24.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre actuacións por mor dos arrastres causados polas augas e de seguridade vial derivados do segundo cinto.
25.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre o "Día da Non Violencia Contra as Mulleres".
26.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre arranxo de danos e limpeza na Praza da Independencia.
27.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando á Xunta a asumir a xestión do Museo do Mar
28.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a presentación ó Pleno do proxecto do Regulamento de Distritos.
29.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE en defensa dunha política municipal de atención ós barrios de Vigo.
30.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE verbo da necesidade de establecer criterios para a dotación de esculturas nos espazos públicos en Vigo.
31.- Moción do Grupo municipal do PP sobre o peche da farmacia de San Paio de Navia.
32.- Moción do Grupo municipal do PP sobre a supresión de voos en Peinador.
33.- Rogos e Preguntas.