Os grupos políticos demandan compromiso co AVE
A Xunta de Voceiros do Concello adoptou por unanimidade a decisión de demandar a construcción do AVE como peza clave para o futuro da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Este acordo foi aprobado hoxe polo Pleno da Corporación.
En primeiro lugar, os grupos políticos ratifican a idea de que a infraestructura ferroviaria mencionada vertebra a totalidade da fachada atlántica peninsular, o que implica a potenciación económica e industrial da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e o achegamento de ambos os ámbitos de desenvolvemento.
Ademais, con este acordo demándase do goberno portugués o cumprimento dos compromisos acadados nos cumes ibéricos de Figueira da Foz e Santiago de Compostela nos anos 2003 e 2004, co obxecto de que reconsidere e revise a súa postura.
Así mesmo, o Concello de Vigo insta a todos os concellos que integran o ente e a eurorrexión do Eixo Atlántico a adopción de pronunciamentos que apoien o mantemento desta infraestructura, entendendo que os fluxos económicos e sociais que provocará reducirán calquera posible déficit do esforzo inversor.
Por último, solicítase que se contemple un compromiso inequívoco con respecto á construcción da variante Vigo-Pontevedra-Cerdedo-Carballiño-Ourense, no canto da prevista anteriormente pola beira do Miño, de xeito que as obras desta nova alternativa rematen ao mesmo tempo que as do resto de Galicia.
Peinador
Por outra parte, o Pleno tamén decidiu por unanimidade, a instancias do PP, requerir ao Ministerio de Fomento e a AENA que tomen en consideración as cifras de movementos de pasaxeiros de Peinador, así como a permanente progresión e crecemento de Vigo, á hora de realizar conversas con Iberia co fin de restablecer os voos recentemente suprimidos no aeroporto da nosa cidade. Polo mesmo acordo, ínstase a Iberia a que rectifique esta decisión.
Acordada a cesión do edificio Cambón para a sede do Parque Nacional Illas Atlánticas
O Pleno acordou instar a Xunta de Goberno Local a que realice os trámites necesarios para ceder o edificio Cambón para establecer a sede técnica e Centro de Interpretación do Parque Nacional Illas Atlánticas.
O acordo, proposto polo BNG, foi apoiado polo PSdeG-PSOE e o PG, mentres que o PP votou en contra. O concelleiro popular José Manuel Figueroa xustificou a postura do seu grupo argumentando que "temos que esgotar todas as posibilidades de que se constrúa un edificio emblemático na nosa cidade", admitindo, con todo, a cesión do edificio Cambón "como outra posibilidade enriba da mesa".
Outra moción do BNG aprobada hoxe venres, esta por unanimidade, foi a de solicitar á Consellería de Sanidade unha moratoria na execución da sentenza que ordena o feche da vella farmacia de Navia, dado o dano e a alarma social que provocou esta medida na poboación desta parroquia. No mesmo acordo o Pleno solicítalle a Sanidade a apertura dunha nova oficina de farmacia en Navia.
Tamén a proposta do BNG, o Pleno aprobou un conxunto de medidas contra a violencia de xénero e a favor da igualdade entre homes e mulleres.
O PSdeG-PSOE reclámalle ao Goberno municipal unha maior atención aos barrios
O PSdeG-PSOE reclamou no Pleno da unha maior atención ás necesidades dos barrios de Vigo. A proposta dos socialistas recibiu o apoio de BNG e PG e o voto contrario do PP.
A moción do PSdeG-PSOE demándalle ao Goberno Local que se faga "sensible a unha configuración urbana policéntrica que require dun adecuado equilibrio entre o centro e os distintos barrios da cidade cos seus respectivos núcleos".
Tamén lle solicitou o PSdeG-PSOE ao Goberno Local a presentación ao Pleno do Proxecto de Regulamento de Distritos, ao considerar Cocellerías de Distrito de "irreais e ineficaces". Esta moción foi aprobada co voto favorable de todos os grupos.
A través doutras proposta socialista aprobada por unanimidade hoxe venres, o Pleno instou o Goberno municipal a establecer conversas coa Delegación do Estado da Zona Franca e a Consellería de Cultura para estudar a posible incorporación do Museo do Mar á Rede Museística de Galicia.
Así mesmo, o Pleno acordou, a instancias do PSdeG-PSOE, que se intensifique o mantemento e a limpeza da praza da Independencia e que se eleven os bordes das xardineiras desta praza para evitar os danos que nelas se producen.
Descargar todas as imaxes