Comezo da programación do Concello con motivo da saída da Volvo
A alcaldesa Corina Porro e o delegado da Zona Franca, Francisco López Peña, inauguran o sábado 5, ás 12 horas as intervencións urbanas realizadas no contorno da Alameda . O acto é o principio da programación organizada polo Concello con motivo da saída da Volvo Ocean Race.
Tamén está previsto para o sábado ás 17 horas no Auditorio Municipal o "Sorteo da Lotería Nacional Vigo 2005" e ás 17:30 horas no peirao da Laxe terá lugar a recepción do goleta "Amorina" que realizará saídas de paseo pola ría.
O programa de actividades para o domingo céntrase, ademais das saídas da Goleta, ás 17:00 horas no saque de honor no partido Celta-Alavés en Balaídos a cargo do patrón do Movistar, Pedro Campos; e ás 18 horas terá lugar a clausura da semana do Atlántico ,que se ven desenvolvemento no real Club Náutico , coa entrega de trofeos.
O luns, día 7, ás 12 horas a alcaldesa Corina Porro inaugura a rehabilitación da Pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas . Para os máis cativos ás 18:30 horas abriranse as porta s das carpas "Un mar de nenos" e "Un mar de tradicións" que instala o Concello na explanada do Náutico.
Na carpa de "Un mar de tradicións" poderase coñecer as embarcacións tradicionais construídas pola Escola Obradoiro Mar de Vigo , entre as que figura a gamela coruxeira e o bote polbeiro. Haberá tamén obradoiros de bandeiras , nós, maquetismo e actividades complementarias como cestería relacionada co mar. Nesta carpa xestionaranse bautismo de mar que se realizarán nunha traiñeira tradicional de pesca, construída pola Escola Obradoiro, que estará atracada ao carón da propia marquesiña da carpa. Estes bautismo faranse con escolares pola mañá e pola tarde coas persoas que o soliciten.
Na carpa "Un mar de nenos", os rapaces que se acheguen poderán participar nos obradoiros de barcos con material reciclado; de debuxo sobre a Volvo; de nos mariñeiros e de barquiños de papel. Os horarios serán de luns a venres de 17 horas a 20:30h e sábado de 10 a 14 pola mañá e de 17 a 20.30 pola tarde.
Descargar todas as imaxes