Escoitar

Felicity Lott e o Cuarteto Schumann interpretarán obras de Wagner e Mahler no marco do Festival Are More de Vigo

O ciclo "Encontros crepusuclares", que se desenvolverá no marco do Festival Are More de Vigo, comenzará o martes, día 8,co concerto que ofrecerán Felicity Lott e o Cuarteto Schumann no Teatro Fraga-CaixaGalicia ás 20.30 horas.

luns, 7 nov 2005
1131365608felicity.jpeg
Felicit y Lott
"Tres cancións sobre poemas de F. Ruckert" e "Quartettsatz en La menor para piano e cordas" de Gustav Mahler e "Cancións sobre poemas de Mathilde Von Wesendonck" de Richard Wagner, xunto "Cuarteto para piano e cordas en La maior op.30" de Ernest Chausson, integran o programa musical do concerto.

En canto á solista Felicity Lott, o seu repertorio abrangue dende Haendel a Stravinsky, pero acadou a súa enorme fama interpretando aos grandes personaxes operísticos das principais obras de Mozart e Strauss. Ten actuado nas salas de concertos mais prestixiosas do mundo, como a Royal Opera House, Bavarian State Opera, na Vienna State Opera, na Opera Bastilla, na Metropolitan Opera. Ademais, ten cantado coa Filharmonica de Viena, a Sinfónica de Chicago, a Filharmónica de Munich, a Filharmónica de Londres, a Sinfónica de Boston, a Filharmónica de Nova Iorque, a Orquestra Sinfónica da BBC e a Filharmónica de Berlin, entre outras orquestras.

Entre os seus recoñecementos destacan os doutoramentos Honoris Causa nas Universidades de Oxford, Leicester, Londres, Sussex e Glasgow e fóronlle concedidos os títulos de Damme Commander of the British Empire, Bayerische Kammersängerin, Officier de l’Ordre des Arts et des Lettres e Chevalier de l’Ordre National de la Légion d’Honneur.

En canto ao Cuarteto Schumann, está composto por prestixiosos solistas de cámara Tedi Papavrami, violón, Christoph Schiller, alto, François Guye, violoncello, Christian Favre, piano. Dende a súa creación, este cuarteto ten escollido obra rara vez interpretadas, e ademais enriqueceu o seu repertorio con composición e transcricións de Christian Favre. Neste contexto nace a súa colaboración con Felicity Lott e co seu acompañamento ofrece numerosos concertos nos que interpretan obras de Mahler e Wagner. Neste ano 2005 sacarán o seu primeiro disco co sal Aeon, o cal dedicouse aos cuartetos Chausson e Fauré.

Tedi Papavrami, albanés nacido en Tirana, iniciou os seus estudos de violín co seu pai Robert Papavrami. En 1985 gañou o primeiro premio do Concurso Internacional Rodolfo Lipitzer e en 1986 o primerio premio de violín, co voto unánime do xurado, composto por membros do Conservatorio Nacional Superior de Música de París. A SACEM otorgoulles en 1992 o premio Georges Enesco e en 1993 gaña o premio do Concurso Internacional Sarasate de Pamplona.

Por outra banda, ten gravado numerosos discos con obras de Paganini, Bach, Brams e Prokokiev, entre outros e como solista colabora regularmente coas grandes orquestras europeas. Paralelamente as súas actividades de músico, Tedi Papavrami traduce ao francés ao escritor albanés Ismail Kadaré.

Christoph Schiller, tras realizar estudos con Georges Janzer e Bruno Giuranna, convértese nun dos solistas de viola de maior reputación internacional. Foi membro do Novo Cuarteto de Zurich entre 1973 e 1988, co cal fixo xiras por Europa e América. Ademais, así como membro fundador do Cuarteto de Cordas ARIA, no cal participou ata o ano 2004. Ten impartido numerosas clases maxistrais e é profesor de viola e de música de Bâle e na Musikhochschule Winterthur de Zurich

François Guye foi premio do Concurso Internacional de Xenebra e o seu prestixio tenno levado mais alá das fronteiras do seu país, Suiza. É profesor do Conservatorio de Xenebra, primeiro solista de violoncello da Orquestra da Suisse Romande e membro regular dos máis célebres conxuntos de música de cámara; ademais, ten tocado coas máis importantes orquestras sinfónicas e estivo ao servizo dos máis prestixiosos directores.

Christina Favre ten consolidada unha carreira internacional como solista e músico de cámara e ten tocado cos grandes directores de orquestra e como acompañante de numerosos solistas. Apaixonado pola escritura musical, compuso un cuarteto para piano, o "Cuarteto Fantasía" e realizou transcricións de Mahler e Wagner para voz e cuarteto, de onde xurde a colaboración de Felicity Lott para interpretar as súas novas versións. Ademais, é profesor de piano no Conservatorio de Lausanne e ten impartido clases maxistrais en Suiza e no extranxeiro.
Descargar todas as imaxes