Os arquitectos galegos celebran o Día Mundial do Urbanismo con percorridos en autobús por Vigo
A Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebra mañá, martes 8 de novembro, o Día Mundial do Urbanismo organizando unha actividade de análise da cidade a través de percorridos en autobús.
Durante estes percorridos, dirixidos polo xeógrafo Xosé Manuel Souto e o arquitecto Jesús Irisarri, aproveitaranse as visitas a distintos puntos de Vigo para suscitar preguntas sobre a identidade da cidade, os seus proxectos urbanísticos, a destrución e construción urbana e os modelos de calidade de vida urbana.
Os percorridos terán unha duración aproximada de dúas horas e repetiranse das 11:00 ás 16:30. A actividade está aberta ao público, que poderá inscribirse no enderezo de correo electrónico c.cultura.vigo@coag.es ata completar a capacidade dos autobuses.
O itinerario incluirá visitas aos puntos que a seguir se refiren e cos seguintes temas:
O Concello. ¿Qué cidade queremos? ¿Qué imaxe temos do centro histórico? ¿Qué outros centros históricos hai en Vigo? ¿Qué facer para recuperar a memoria histórica da cidade (castelos, rúas, persoas, propiedade)? A memoria urbana.
O Náutico. A ría. Abrir Vigo ao mar. O mar e a cidade: ¿qué sinais de identidade? O transporte marítimo e a pesca. ¿Qué se pode conservar e potenciar do mar en Vigo? ¿Qué significa abrir Vigo ao mar? A ría na cidade.
O valo portuario. ¿Resulta incompatible o traballo industrial e as actividades de ocio? ¿Cómo se fixo o planeamento portuario? ¿Qué perspectivas futuras para unha cidade marítima? As identidades fabrís de Vigo.
As Travesas. A descentralización do equipamento educativo, de ocio, xudicial, comercial, deportivo… ¿Qué significado ten As Travesas en Vigo? O policentrismo en Vigo.
Polígono de Coia. ¿Por qué se fixo este polígono? Luces e sombras no planeamento realizado. Os espazos deseñados polas normas legais.
A praia de Samil. Os proxectos industriais e os proxectos de urbanizacións. ¿Cómo ordenar este lugar? ¿Para qué e de qué é este lugar? A expansión da propiedade burguesa: Urbanización Beamonte. O espazo público cidadán.
O Caramuxo. ¿Qué sucede cando non se planifica axeitadamente? ¿Cál é o papel do estado no planeamento urbanístico? O río Lagares como zona industrial. Orío na cidade.
Valadares. As parroquias rurais e os novos usos tecnolóxicos. Accesibilidade e infraestructuras. Os problemas de localización industrial en Vigo. Vigo tecnolóxico para o futuro.
Beade-Bembrive-Candeán. Un percorrido polo rural "periurbano". As identidades rurais e as transformacións urbanas. A sustentabilidade do medio: límites para a calidade de vida. A identidade agropecuaria: paisaxe e vida.
Teis-A Guía. Os problemas de crecemento caótico. A influencia dos medios de comunicación. Regreso ao Concello. A integración da periferia na cidade.
Descargar todas as imaxes