Escoitar

A alcaldesa inaugurou a rehabilitada pérgola de Jenaro de la Fuente na alameda de Bouzas

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, inaugurou hoxe luns a reconstrucción da pérgola de Jenaro de la Fuente, emprazada na Alameda de Bouzas, o lugar onde ata hai pouco tempo estaba situada a farola centenaria que foi trasladada á Praza de Urzaiz. O Concello decidiu instalar en Bouzas a pérgola de Jenaro de la Fuente, que estivo emprazada na Praza de Portugal e antes da súa reconstrucción se atopaba repartida entre Castrelos e un depósito municipal, tras un encontro cos veciños de Bouzas, que deron o seu visto bo á decisión municipal.

luns, 7 nov 2005
1131386597pergola.jpeg
O pasado 2 de febreiro, o Concello de Vigo e a Consellería de Política Territorial asinaron un convenio para a reconstrucción da Pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas, cun orzamento de 250.000 euros. As obras comezaron no mes de xullo, cun prazo de execución de 3 meses.

A fachada da pérgola orientase cara a avenida de Orillamar. O proxecto constructivo definiuse a partires dos planos orixinais e das pezas localizadas. Despois do análise, numeración das pezas atopadas e das fotografías facilitadas polo Arquivo Pacheco, se tivo unha idea clara de cómo era a obra realmente executada.

No proxecto constructivo contabase con utilizar o 65 por cento de pezas orixinais, pero a partires dos traballos de busca dos elementos que a formaban, a pérgola conseguiuse reconstruír co 82 por cento das pezas orixinais.

Unha das melloras significativas na execución da obra con respecto ao proxecto orixinal foi a construcción dun pavimento de pedra en forma de rombo, semellante ao que se utilizaba na época na que se construíu a pérgola.

As dimensións do conxunto son de 37 metros de longo por 4 metros de ancho e unha altura de 4,5 metros. En total, a pedra do conxunto acada un peso de 185 toneladas.

A pérgola foi deseñada por Jenaro de la Fuente Álvarez no ano 1928 para a praza de Portugal, onde estivo emprazada ata a construcción do aparcadoiro.
Descargar todas as imaxes