Escoitar

Corina Porro e Abel Cabellero reúnense para trataren do futuro do Porto de Vigo

A alcaldesa, Corina Porro, e o presidente da Autoridade Portuaria, Abel Caballero, reuníronse hoxe martes para trataren das necesidades de crecemento do Porto de Vigo, co obxectivo de facelo máis competitivo e aberto aos cidadáns.

martes, 8 nov 2005
1131523499porto.JPG
No encontro de hoxe martes, Abel Cabellero presentoulle a Corina Porro unha proposta da Autoridade Portuaria na que se considera que o actual peirao de cruceiros é insuficiente para as necesidades presentes, e moito máis para as previstas, da zona portuaria.

Pola súa parte, Corina Porro afirmou que Vigo "temos vivido moito tempo de costas ao mar" e que é hora de satisfacer as "necesidades de crecemento do Porto". A alcaldesa lembrou que o tráfico de contedores "está ao límite", polo que o Porto corre o risco de perder "o tren da competitividade".

O Porto de Vigo estima prioritarias para Vigo as instalacións portuarias de cruceiros que permitan o atraque de ata tres ou catro destas naves, de tal modo que Vigo sexa, xunto con Lisboa, a escala de cruceiros máis importante da fachada atlántica da Península.

Na proposta da Autoridade Portuaria considérase que o Porto debe ser tamén de utilización cidadá, como paseo marítimo, área de ocio e comercial. Co fin de asegurar esta utilización cidadá e de ocio, propón a Autoridade Portuaria, non se renovará a concesión de Tyco Marine e porderase dispor dos espazos que deixará libre a concesión Casa Pepe.

Ademais, Abel Caballero propuxo que a dársena interior do peirao de atraque sexa ocupada por un gran porto deportivo, extensión do actual, cuxa concesión se extingue en 2011. Este porto deportivo será a fonte de finaciamento das operacións do peirao de trasatlánticos e dos paseos marítimos.

A asignación e delimitación concreta das áreas cidadás, así como a dos espazos de ocio e comerciais e os paseos marítimos, efectuarase nun estudo que elaborará a Autoridade Portuaria, tendo en conta o respecto "ata o límite do imposible co medio ambiente e coa ría".
Descargar todas as imaxes