Xornadas de portas abertas no Museo de Arte Contemporánea<br />
Coincidindo co terceiro aniversario da súa apertura de portas ao público o 13 de novembro, e coa saída oficial da Volta ao Mundo de Vela do Porto de Vigo o 12 de novembro, o MARCO organiza unhas xornadas de portas abertas durante os días 11, 12 e 13 de novembro, nas que será gratuíto o acceso ao museo e a todas as actividades previstas para eses días.
Programa de actividades
Exposición "UN MAR DE FOTOS na Colección Fotográfica do Concello de Vigo" Unha selección de imaxes procedentes da Colección Fotográfica do Concello de Vigo, nas que o motivo principal é a visión do mar en Vigo. A selección inclúe obras de Gabriele Basilico, Xulio Correa, Ron O’Donnell, Cristina García Rodero, Paul den Hollander, John Kippin, Arquivo Llanos, Xurxo Lobato, Susan Meiselas, Sebastião Salgado, Allan Sekula, e John Sternfeld; en total, 12 fotógrafos galegos e internacionais que ofrecen as súas diferentes visións da nosa cidade, das súas xentes e da súa relación co mar.
Maratón ARTFUTURA 2005
Durante estas xornadas, e continuando coas proxeccións do Festival Artfutura 2005, ofrécense dous pases gratuítos de cada un dos 3 programas.
Datas: venres 11, sábado 12 e domingo 13 de novembro de 2005
Lugar: salón de actos
Entrada libre e gratuíta ATA COMPLETAR AFORO
"Confidencias do desexo", de Juan Carlos Meana
Juan Carlos Meana, un dos artistas participantes na exposición "Aberto por obras", leva a cabo esta acción no Espazo Anexo, coa participación de todo o público interesado.
Data: sábado 12 de novembro de 2005
Lugar: Espazo Anexo (praza peonil posterior)
Horario: ás 19.30
Espectáculo de títeres e taller para familias
Para nenos de 3 a 8 anos acompañados
O espectáculo de títeres no salón de actos (no que os nenos deberán estar acompañados de adultos) está seguido dun taller no Laboratorio das Artes.
"E ti, ¿que sabes facer?" é o título da sesión de títeres neste día, no que os pequenos, da man de artistas como Andy Warhol e Joseph Beuys, aprenderán conceptos asociados á arte Pop e o ready-made.
Data: sábado 12 de novembro de 2005
Lugar: salón de actos e Laboratorio das Artes (primeiro andar)
Horario: de 12.00 a 14.00
Talleres infantís: "un mar de fotos"
Para nenos de 3 a 8 anos
A exposición "Un mar de fotos" servirá como punto de partida para as actividades dos talleres infantís neste fin de semana: creación de móbiles e murais con motivos mariños a partir de figuras bidimensionais e tridimensionais, utilizando pintura de dedos e todo tipo de materiais reciclados.
Datas: venres 11 e domingo 13 de novembro de 2005
Lugar: Laboratorio das Artes (primeiro andar)
Horario: de 18.00 a 20.00 (venres), e de 12.00 a 14.00 (domingo)
Libro de visitas "3 x MARCO"
Un álbume aberto para que cada visitante poda reflectir as súas impresións sobre a visita ao museo, e sobre a traxectoria do MARCO nestes 3 anos de vida.
Datas: venres 11, sábado 12 e domingo 13 de novembro
Lugar: vestíbulo de entrada ao museo (planta baixa)
Horario: de 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 (venres e sábado), e de 11.00 a 15.00 (domingo)
Mesa informativa da Agrupación de Amigos do MARCO
Mesa informativa sobre as actividades e obxectivos da Agrupación, que a día de hoxe conta xa con case 400 Amigos.

Visitas guiadas ás exposicións temporais
Ademáis permanecerán abertas ao público as exposicións "CHIKAKU. Tempo e memoria en Xapón" (na planta baixa), "A PATRIA ESTÁ AO VIRAR NA ESQUINA. Fotografía contemporánea de Austria (no primeiro andar), e "ABERTO POR OBRAS. Procesar" (no Espazo Anexo), con visitas guiadas ás mesmas.

Lugar: salas de exposición e Espazo Anexo
Horario: ás 12.00, 13.00, 17.00 e 18.00h.
Descargar todas as imaxes