Escoitar

Chambao e Pastora actúan no Pavillón das Travesas dentro das celebracións da Volvo

Dous grupos punteiros na escena musical española, Chambao e Pastora, actuarán no Pavillón das Travesas mañá xoves a partir das 21:00. Este concerto, que foi presentado hoxe mércores pola concelleira Lucía Molares, forma parte do programa de celebracións previas á saída da Volvo Ocean Race.

mércores, 9 nov 2005
1131545625chambao.jpg
A música de Chambao é froito da intuición, da curiosidade, da creatividade e do traballo. O resultado é, ao mesmo tempo, andaluz e cosmopolita, unha mestura de flamenco e electrónica que os propios integrantes do grupo malagueño definen como "Chambao puro".

O seu primeiro disco, "Flamenco Chill", recompilaba, xunto a seis temas propios, dúas versións de Triana e Camarón. Chambao conseguiu, grazas a este traballo cálido e sensual, o recoñecemento do público nacional e internacional, con máis de 90.000 copias vendidas.

Logo chegaría "Endorfinas en la mente", composto por once temas enteiramente seus. Por este disco Chambao recibiu o Premio Ondas á Mellor Creación e o Premio da Música ao Mellor Álbum de Novas Músicas. "Endorfinas en la mente" supuxo a consolodación definitiva de Chambao, vendendo cerca de 90.000 copias en 20 países.

No seu terceiro álbum, "Pokito a poko", o conxunto andaluz aposta outra vez pola fusión de flamenco "apaleao" (da rúa) e as programacións e secuencias, pero cada vez máis cunha liguaxe propia e inconfundible.

Pastora

A aparición do primeiro disco de Pastora, grupo que abrirá o concerto de mañá xoves, situou hai dous anos o grupo catalán como a grande esperanza do pop español. Con este traballo, Pastora conseguiu o disco de ouro co seu álbum de debut e o éxito popular dunha canción, "Lola", non ocultou o atractivo e o potencial do resto das composicións dun grupo diferente.

A música de Pastora, española e internacional ao mesmo tempo, sostense na voz e nas letras de Dolo Beltrán, a música e os arranxos de CaÏm Riba e o concepto visual do irmán deste, Pauet. Sobre estrés tres piares, Pastora desenvolve unha proposta artística única que mestura programacións e sons ac`´usticos, letras de grande orixinalidade, novas ideas musicais e un acompañamento visual a´s cancións máis próximo á videoarte que ao videoclip.

Mañá xoves, no Pavillón das Travesas, Pastora presentará o seu último disco, "La vida moderna", un tratado de pop contemporáneo composto por 13 cancións escritas desde o lado escuro do sentimento para contar historias de xente que escapa de normas, regras e sistemas.

As entradas para este concerto, 4.000 en total, teñen un prezo único de seis euros. Pódense adquirir de maneira anticipada a través de Caixanova (na páxina web www.caixanova.es, no 902 504 500 ou ben nas oficinas desta entidade), na Central de Espectáculos de Vigo (en www.centralespectaculos.com ou no 986 435 410), e nas tendas de discos LP, Gong e La Columna.

Descargar todas as imaxes