Escoitar

Medidas de tráfico con motivo da saída da Volvo Ocean Race

Bando do Concello no que se informa das medidas excepcionais de tráfico con motivo dos actos programados da saída da Volta ao Mundo de Vela "Volvo Ocean Race.

xoves, 10 nov 2005
Venres día 11 :

Queda prohibida a circulación de vehículos no 1º cinto de Vigo no treito dende o cruzamento coa avenida de Europa até a finalización en Bouzas a partir das 20.00 horas até as 0.00 horas .

Ao mesmo tempo prohíbese a circulación de vehículos no treito da rúa Eduardo Cabello, entre a rotonda que conflúe coa rúa Pescadores e o acceso ao 1º cinto.

Recoméndase o itinerario alternativo pola Rúa Coruña e Avda. de Castelao.

Sábado día 12:

Queda prohibida a circulación de vehículos na praza de Compostela, rúa Victoria, rúa García Olloqui, rúa Luis Taboada, Rúa Carral, Rúa Reconquista, Rúa Marqués de Valadares, Rúa Velázquez Moreno, e Rúa Concepción Areal, Pablo Morillo, Castelar, agás acceso a garaxes e transporte público urbano a partir das 9.00 horas até o remate dos actos , previsto para as 16.00 horas.

O itinerario alternativo para os vehículos nos sentidos Teis – Bouzas e Bouzas-Teis establecerase polo túnel de Beiramar.

Recoméndase evitar a circulación de vehículos polo centro da cidade durante o horario dos actos e o emprego do transporte público.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.