Trinta e seis olladas galegas sobre o mar na Fundación Caixa Galicia
A sede viguesa da Fundación Caixa Galicia acolle, desde hoxe xoves ata o 8 de xaneiro, a exposición "O mar nos fondos da Colección Caixa Galicia". A mostra reúne 36 obras de autores emblemáticos da cultura galega do século XX e XXI cun tema en común: o mar.
Así, poderán contemplarse obras dos fondos da Colección de Arte Caixa Galicia de autores como Modesto Brocos, Francisco Lloréns, Castelao, Arturo Souto, Carlos Sobrino, Manuel Abelenda, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Urbano Lugrís, Luis Seoane, Tino Grandío, Eugenio e Mario Fernández Granell, Luis Caruncho, Lago Rivera, Darío Álvarez Basso e José Ramón Morquecho.
A Colección de Arte Caixa Galicia, creada en 1996, reuniu inicialmente obras de autores galegos da primeira metade do século XX que tiveron un papel sobranceiro na historia plástica e da cultura galegas, a pesar de que moitos desenvolveron a súa traxectoria lonxe de Galicia e mesmo morreron fóra do país. Unha vez conformado un primeiro fondo, a Colección apostou polos novos valores galegos da plástica mais actual.
"O mar nos fondos da Colección Caixa Galicia" enmárcase no convenio de colaboración asinado o 31 de agosto deste ano entre a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o vicepresidente da Fundación, José Luis Méndez, para potenciar o desenvolvemento de actividades culturais en Vigo.
A mostra poderá visitarse de luns a venres de 18.00 a 21.00 horas, os sábados de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas e os domingos e festivos de 12.00 a 14.00 horas. O público en xeral pode realizar visitas comentadas os martes e xoves ás 19.30 horas. Ademais, haberá visitas comentadsa para grupos de adultos e de escolares, de luns a venres, de mañá e de tarde, previa inscrición no teléfono 986 815 077.