Escoitar

Benestar Social organiza as X Xornadas do Plan Local sobre Dropodependencias

Os vindeiros días 23 e 24 de novembro terán lugar as V Xornadas do Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións (PLsDA) que tratarán sobre " Epidemioloxía, avaliación e novas estratexias". As xornadas están organizadas pola concellería de Benestar Social e se celebrarán no Verbum-Casa das Palabras.

xoves, 10 nov 2005
1131628584drogodep.jpg
No decursos das xornadas presentarase o estudio epidemiolóxico sobre drogodependencias e otras adiccións nos mozos de 14 a 21 anos do municipio de Vigo, e traballarase sobre as accións de prevención, asistencia e incorporación social á luz dos resultados do estudio.

Na xornadas avaliarase o Plan 2002-2004 e proporase o contido e organización para o Plan Local 2006-2008.

PROGRAMA

Día 23
9:00 Recepción e entrega documentación
9:30 Apertura e presentación das Xornadas
10:00 D. Elisardo Becoña Iglesias, director do Estudio
Presentación do Estudio Epidemiolóxico sobre drogodependencias e outras adiccións nos mozos de 14 a 21 anos do municipio de Vigo.
10,30 Descanso e café
12:00 D. Elisardo Becoña Iglesias
Discusión de resultados
13,30 Saída
16:00-19,30 Grupos de traballo
Accións de Prevención, Asistencia e Incorporación Social á luz dos resultados do Estudio Epidemiolóxico

Día 24
9:00 Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo:
Avaliación do Plan 2002-2004
Propostas de contido e organización para o PLsDA 2006-2008
10,30 Descanso e café
11:00 Panel de Experiencias
Presentación de programas e accións de entidades que conforman o PLsDA de Vigo:
- Impacto do consumo excesivo de alcohol nas demandas ante os servizos sociais de base. ASVIDAL
- Reduccion de danos: necesidades non cubertas
Médicos do Mundo Galicia
- Taller de saúde e convivencia para persoas con problemas de drogas e prostitución
Grupo de autoapoio "O Imán"
- Estudio de gratificación de usuarios
UAD CEDRO do Concello de Vigo
- Experiencia educativa de análise de campañas de prevención
ACLAD Alborada
13:15 Acto de Clausura

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Secretaría das Xornadas Tfno.: 981-577142. cinesino@estinga.com. Tamén poderá descargarse o programa e o boletín de inscrición (gratuíta) na páxina web do Concello www.vigo.org
Descargar todas as imaxes