O Concello quere un Verbum "didáctico, divulgativo, divertido e diverso"
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe martes os resultados das actividades do Verbum-Casa das Palabras, xunto co director deste museo, Lois Cea. López-Chaves salientou o aumento do número de visitantes e adiantou a intención do Concello de facer do Verbum un museo "didáctico, divulgativo, divertido e diverso".
Ata outubro deste ano, o Verbum recibiu 13.638 visitas, fronte ás 12.836 de 2004. O aumento de visitantes fíxose notorio nos meses do verán: no deste ano foron 5.745 e no do ano pasado, 2.489. Baseándose nestes datos, Ignacio López-Chaves dixo que o Verbum é xa "un referente cultural na nosa cidade".
Verán de 2005
Durante o verán deste ano, este museo acolleu unha exposición sobre o Quixote, que foi vistada por 1.996 persoas, e outra sobre as novidades do mundo do cómic (560 visitantes). Tamén houbo 142 visitas de asociacións e grupos, concertos de corais (con 3.135 asistentes) e un concerto de jazz na terraza.
Así mesmo, durante o verán o Verbum serviu de escenario para a celebración dos ensaios do festival Premios "Veo, Veo Galicia", para unha actividade de contacontos a cargo do escritor Anxo Fariña, e para o desenvolvemento dun obradoiro ao cal asistiron 204 nenos. Por outra parte, en xullo e agosto a biblioteca do museo realizou 357 préstamos.
Actividades de outono
No que levamos de outono, un dos eixos principais da actividade do Verbum foi a celebración do centenario do pasamento de Xulio Verne. Así, tivo lugar unha exposición sobre o escritos francés (983 visitantes) e monólogos e contos sobre viaxes co gallo do centenario, aos que asistiron, en total, 500 nenos.
Por outra parte, neste outono téñense levado a cabo o recital musical Carabobo (104 asistentes), a presentación do libro "Pano de lona", obra do Arquivo Pacheco (70 asistentes) e o obradoiro de normalización lingüística "O falar non ten cancelas", ao cal asistiron 13 persoas. Ademais, continúa o ciclo de corais, que ata o de agora contou con 349 asistentes.
Outro apartado nas actividades do Verbum deste outono é o das actividades alleas, que inclúe a entrega de premios do Centro de Inicaitivas Profesionales, o XXII Congreso Internacional da Federación ASEM de Doenzas Neuromusculares, as Xornadas Galegas sobre a Interpretación da Lingua de Signos Española e un curso de lingua de signos española.
O director do Verbum, Lois Cea, dixo que o futuro deste museo, onde "practicamente ten cabida todo", está na diversificación e afirmou que se teñen dado contactos con asociacións de inmigrantes para o desenvolvemento de exposicións que conformen un programa multicultural. Os obradoiros para nenos sobre a lingua e a cultura galegas serán outra das liñas de actuación do próximo Verbum.
Tanto Lois Cea como Ignacio López-Chaves aseguraron que existen contactos con entidades que poidan estar interesadas en facerse cargo dalgún dos 29 módulos do Verbum co obxectivo de os dinamizar.
Descargar todas as imaxes