Escoitar

O Concello rinde homenaxe ao cineasta vigués Demetrio Bilbatúa

O Concello realizará o venres unha homenaxe ao cineasta vigués Demetrio Bilbatúa Rodríguez nun acto que se celebrará ás 11 horas na Galería da Alcaldía e no que o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, entregaralle ao cineasta unha placa en recoñecemento a súa traxectoria profesional e contribución á cinematografía. Demetrio Bilbatúa é un vigués nacido en 1935 que tivo que construir a súa vida lonxe da cidade como consecuencia da guerra civil.

xoves, 17 nov 2005
1132234763demetrio.jpg
Demetrio Bilbatúa
Demetrio Bilbatúa Rodríguez chegou a México con 8 anos e forxou un intenso vencello coa cinematografía. En 1954 iníciase no cine mexicano ó lado do seu irmán Ángel e máis adiante asóciase con Agustín Barrios Gómez e funda a empresa "Producciones Barrios Gómez Bilbatúa". Nos anos 60 comeza a traballar para Telesistema Mexicano (de Emilio Azcárraga, embrión da posterior Televisa).

Fotógrafo, documentalista, director, produtor... Demetrio Bilbatúa participou en moi diversos proxectos audiovisuais e conta con diversos recoñecementos mexicanos e internacionais ao longo da súa traxectoria profesional de máis de 50 anos. Bilbatúa ten deixado unha memoria gráfica extraordinaria sobre moitos aspectos sociais e culturais da República Mexicana, de Norte a Sur. A súa bagaxe cinematográfica, con máis de 1.000 documentais filmados en 35 mm, poñerase a disposición do público co nome "Filmoteca Hermanos Bilbatúa".

Homenaxe aos Irmáns Bilbatúa no X Festival de Cine de Ourense

O X Festival de Cine de Ourense (do 12 ó 19 de novembro de 2005) conta cunha sección denominada "Cine y Emigracion", que está patrocinada por la Secretaría Xeral de Emigración. Nesta edición o ciclo dedícase ós irmáns Bilbatúa (Angel y Demetrio). Noutras edicións dedicouse a Juan Orol y Luis Fernández Iglesias "Tacholas" (2004). O obxectivo é destacar a personalidades do mundo cinematográfico que nacendo en Galicia foron emigrantes e conseguiron trunfar.

Os actos de homenaxe ós irmáns Bilbatúa previstos en Ourense o próximo día 18 de novembro, venres, son varios, entre outros:
 Roda de prensa con Demetrio Bilbatúa, ás 13,00 h en Ourense.
 Presentación dun libro editado en galego que corresponde a unha traducción dun libro editado en México sobre os 50 anos ("Bilbatúa: Testigo de México").
 Unha mesa redonda ó redor do seu traballo profesional
 Unha homenaxe no Teatro principal no que se proxectarán dous dos seus documentais máis coñecidos.
Descargar todas as imaxes