Escoitar
Anuncio Normalización Lingüística

Obradoiro de integración lingüística e social para inmigrantes

<br />

venres, 18 nov 2005
O Servizo de Normalización Lingüística organiza o seguinte obradoiro:
Obradoiro de integración lingüística e social para inmigrantes

Obxectivo: Achegarlles ás e aos inmigrantes un pequeno coñecemento da realidade social e lingüística galegas.
Datas: 24 de novembro e 1 e 15 de decembro
Horario: de 19.30 a 21.30
Lugar: Edificio Asefal, rúa Elduayen, 36 Vigo
Prazo e lugar de inscricións: até o 24 de novembro no correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org, no SNL, na Casa do Concello, 1º andar ou no teléfono 986810281 de 08.00 a 14.00 h.
Número de prazas por curso: 20 (orde rigorosa de inscrición). Estes obradoiros son gratuítos.