O Concello rende homenaxe a Demetrio Bilbatúa como recoñecemento á súa aportación á cinematografía
A Galería da Alcaldía do Concello de Vigo acolleu unha homenaxe a Demetrio Bilbatúa, co propósito de recoñecer a longa traxectoria profesional do cineasta nacido en Vigo no ano 1935, e segundo subliñou o concelleiro-delegado de Cultura, Ignacio López-Chaves . Na súa intervención, Bilbatúa recoñeceu que malia que ten recibido homenaxes en diversos países do mundo, o de Vigo "é un hito na historia da miña vida".
No acto, celebrado na mañá do venres, día 18, estiveron presentes ademais do homenaxeado e López-Chaves, o xefe de Gabinete de Demetrio Bilbatúa, Roberto Greco, o concelleiro de Cultura, Festas e Festival de Cine de Ourense, José Araújo Fernández, e o coordinador do ciclo "Cine e emigración" do X Festival de Cine de Ourense, Manuel González, entre outras personalidades.
Na súa intervención, Bilbatúa recoñeceu que malia que ten recibido homenaxes en diversos países do mundo, o de Vigo "é un hito na historia da miña vida". "Me emociona máis que ningún outro polo significado que ten para or irmáns Bilbatúa de hoxe, que queren dedicarllo aos Bilbatúa de onte, que pola causa da República perderon a vida, e lle pasan a estafeta aos Bilbatúa de mañán para que sigan loitando polos ideais que defendimos sempre", sinalou emocionado o cineasta.
Debido as consecuencias da guerra civil, (seu pai e dous dos seus tíos foron fusilados) Demetrio Bilbatúa Rodríguez viuse obrigado a exiliarse a México, onde chegou con 8 anos e onde iniciou un intenso vencello coa cinematografía en 1954, ao lado do seu irmán Ángel, quen xa comezara a súa carreira como camarógrafo.
Posteriormente asociouse con Agustín Barrios Gómez, co que funda a empresa "Producciones Barrios Gómez Bilbatúa". Xa nos anos 60 comezou a traballar para Telesistema Mexicano, propiedade de Emilio Azcárraga, embrión da posterior Televisa. Na súa carreira tamén destaca o seu traballo como camarógrafos persoais dos presidentes de México Adolfo López Mateos e Díaz Ordaz, cos que recorreu todos os rincóns do país e cubriu informativamente as visitas ao extranxeiro.
Fotógrafo, documentalista, director, produtor... Demetrio Bilbatúa participou en moi diversos proxectos audiovisuais e conta con diversos recoñecementos mexicanos e internacionais ao longo da súa traxectoria profesional de máis de 50 anos, e é membro honorario da Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas de México, país do que ten deixado unha memoria gráfica extraordinaria sobre moitos aspectos sociais e culturais na súa extensa bagaxe cinematográfica, que conta con máis de 1.000 documentais filmados en 35 mm.
Na actualidade, promove e preside un grupo de empresas que integran produción audiovisual, laboratorios cinematográficos, postprodución, son e dobraxe. Así, a produtora "Hermanos Bilbatúa" foi a encargada de difundir a imaxe de México en relación cos Mundiais de Fútbol de 1970 e 1986, u a responsable da campaña de publicidade da cervexa Coronita e a autora da dobraxe ao castelán dos Simpsom.
Por todo isto, o Concello de Vigo quere recoñecer con este acto a dilatada traxectoria profesional de Demetrio Bilbatúa e a a súa contribución á cinematografía.
Descargar todas as imaxes