Universitúa acolle o primeiro encontro universitario galego sobre asociacionismo e participación cidadán
O vicerreitorado de Extensión Universitaria e estudantes da Universidade de Vigo organiza, por cuarto ano consecutivo, a Feira de Asociacións da Universidade de Vigo -Universitúa-, encontro no que participan un total de 36 asociacións das tres universidades galegas e outras non universitarias. Neste ano, como novidade, celebrarase o primeiro Congreso Galego de Asociacionismo e Participación Cidadán. A Feira presentouna, na mañá do luns en rolda de prensa, o vicerrector Óscar Rubiños; a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Lucía Molares; o director xeral de de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela; o director de Márketing de Caixanova, Jorge Santos e un representante do alumnado.<br />
O vindeiro 23 e 24 de novembro, o campus da Universidade de Vigo converterase nun escenario para o fomento das accións en común que poñen en marcha estudantes universitarios e outros colectivos. A praza de Enric Miralles da cidade universitaria encherase de exhibicións, obradoiros, postas en escena, actividades deportivas, desfiles, mattchs de improvisacións, degustacións, relatorios, etc… actividades das que pode participar toda a cidadanía.
Universitúa 05 terá varios escenarios. Dunha banda, na carpa central estarán representadas todas as asociacións participantes, ademáis dun espazo anexo, o aula 4 para proxeccións e relatorios, o aulario, o Teatro Roberto Vidal Bolaño e as instalacións deportivas externas, principalmente o campo de fútbol, onde se desenvolverá o III Mundialito, que se celebrará entre os días 19 ó 24 deste mes.
Universitúa conta coa colaboración da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, a Oficina Municipal de Voluntariados, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia e Novaxove de Caixanova.
En total, en Universitúa 05 estarán representadas 16 asociacións da Universidade de Vigo, dez das universidades de A Coruña e Santiago de Compostela e outras 10 non universitarias.
Descargar todas as imaxes