O Pleno demanda a reposición dos voos suprimidos por Iberia en Peinador
O Pleno da Corporación Municipal, reunido hoxe luns con carácter extraordinario, aprobou por unanimidade unha moción do Partido Galeguista (PG) na cal se demanda a reposición de todos os voos que Iberia vén de suprimir no aeroporto de Peinador.
Segundo o acordo, o Concello deberá dirixirse ao Ministerio de Fomento e a AENA para que Iberia repoña estes voos. Se Iberia non o fai, o Concello xestionará a reinstaruración dos servizos suprimidos por parte doutra ou doutras compañías aéreas.
Na mesma moción indícase que os prezos das viaxes entre Peinador e Madrid serán semellantes aos doutros aeroportos que estean a parecida distancia da capital de España.
Ademais, o Concello buscará o apoio da Xunta para que Peinador conte con voos de baixo custo, como ocorre xa con outros aeroportos galegos. Así mesmo, demandaráselle a AENA que acelere os investimentos en Peinador. Entre os novos proxectos deberá estar a montaxe urxente dunha terminal de carga suficiente para a demanda potencial.
Segundo cinto
Tamén por unanimidade aprobou o Pleno unha declaración sobre o segundo cinto de circunvalación de Vigo. Por este acordo ínstase o Goberno municipal a dirixirse ao Ministerio de Fomento para que revise esta infraestructura antes da súa posta en funcionamento e repare as deficiencias que se teñen observado. Así, entre outras actuacións, o Pleno pide que se executen en certos tramos do segundo cinto obras de condución de augas pluviais, reposición de puntos de luz, construción de vías de servizo e beirarrúas e mellora da sinalización.
O outro punto da orde do día do Pleno de hoxe foi o fianciamento das obras de saneamento das concas vertentes afectadas pola prolongación do túnel do Areal. Para levar a cabo esta actuación, o Pleno aprobou inicialmente un gasto de cerca de 569.000 euros. A decisión recibiu o voto faborable de PP, BNG e PG, mentres que o PSdeG-PSOE se abstivo.
Descargar todas as imaxes