Obradoiro de regueifas na Biblioteca Central
A Biblioteca Central realiza esta semana un obradoiro de improvisación oral en galego, as tradicionais regueifas ou desafíos cantados ao que asistirán centros de ensino de Vigo e da comarca.
O obradoiro será impartidos por Luis O Caruncho e Pinto de Herbón e desenvolveranse en dúas sesións diarias: unha de 10 a 11:30 e outra de 12 a 13:30. Esta actividade faise en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
O próximo día 25 decídese se o Patrimonio inmaterial galego-portugués é elixido como "Obra mestra do patrimonio da humanidade" pola Unesco. As regueifas son unha mostra máis desta rica cultura.
Para máis información sobre a candidatura: www. opatrimonio.org
Descargar todas as imaxes