Escoitar

Escolares de cinco colexios da cidade participaron no Pleno Infantil no Concello

A sétima edición do Pleno Infantil celebrouse na mañá do luns no Concello coa intervención de alumnos e alumnas de terceiro ciclo de primaria dos colexios Divino Salvador, CEIP Lope de Vega, CEIP. Pombal, Santa Cristina e CEIP. San Salvador, ademais do Colexio Martín Códax representado pola Alcaldesa Infantil da anterior edición. Esta acción a organiza a concellería de Benestar Social para conmemorar o Día Internacional dos Nenos e Nenas.

luns, 21 nov 2005
1132583589corporacion.jpg
Algúns concelleiros da Corporación Infantil
Na sesión tratouse sobre os compromisos que os nenos e nenas de Vigo, están dispostos a facer para conseguir que Vigo sexa unha cidade comprometida co coidado do medio ambiente e co uso racional das enerxías así como co maior aforro enerxético para coidado do noso medio natural. Ademais coas propostas aprobadas elaborarase un Ecobando asinado pola Corporación Municipal Infantil.

Trátase, de conseguir un consenso sobre as medidas a adoptar polos nenos e nenas de Vigo para facilitar, dende o seu deber de cidadáns, a convivencia cos seus semellantes, a través da súa propia sensibilización e de toda a sociedade, empezando polas seus fogares e escolas, e cara ó fomento e reforzo da cooperación de tódalas partes implicadas establecendo canles de comunicación coas corporacións adultas que gobernen a cidade.

Os concelleiros e concelleiras desta edición foron representantes de 5 centros escolares de Vigo entre os cales se atopan centros públicos e concertados.

Cada centro estivo representado por cinco concelleiros, entre os cales se elixiu ao novo alcalde . Este relevou á alcaldesa infantil da VI sesión plenaria despois de que esta dese lectura ao acta da sesión que presidíu e que pasou á firma dos novos concelleiros e concelleiras para a súa aprobación definitiva.

Acto seguido iniciouse a nova sesión coa participación dos e das representantes infantís presentando as propostas traballadas nos seus centros escolares e que foron sometidas á votación.

Os centros escolares agradeceron de antemán o interese amosado dende a Concellería de Benestar Social por traballar co colectivo infantil e manteñen grandes esperanzas en que, dende ésta, facilítense canles de comunicación para tratar de facer a convivencia entre tódolos e tódalas cidadáns de Vigo o máis doada e respectuosa posible.
1132583589corporacion.jpg
1132583642alcaldesa.jpg
1132583669alcalde.jpg
Descargar todas as imaxes