venres, 25 nov 2005
A alcaldesa, Corina Porro, mantivo hoxe venres no Concello un encontro coa conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, no que trataron, entre outros asuntos, a construción dun novo edificio para a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, a apertura de novas titulacións na Universidade e o mantemento dos colexios.
venres, 25 nov 2005
O Auditorio do Concello de Vigo acollerá o vindeiro luns 28 de novembro, ás 20.30 horas, a última sesión do ciclo "Músicas para o silencio" que comezou o 7 de novembro no marco do Festival Are More de Vigo. Nesta ocasión, o Cuarteto de Corda Ephimere porá música película "Nosferatu o vampiro" do director alemán F.W. Murnau, unha adaptación da novela "Drácula" de Bram Stoker.
venres, 25 nov 2005
A concelleira Lucía Molares inaugurou hoxe venres a pista de xeo da carpa situada fronte á estación marítima. A pista permanecerá aberta ata o 10 de xaneiro para todos aqueles que se atrevan a patinar.
venres, 25 nov 2005
Unha representación de Aministía Internacional realizará unha intervención sobre a pena de morte perante o pleno da Corporación que se celebra o luns día 28 ás nove horas. Ao remate da sesión plenaria terá lugar a reunión da Xunta de Goberno Local.