Escoitar

O Consello da Xerencia propón anular un proxecto de normalización de predios en Esparramán

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves á Xunta de Goberno Local a anulación da aprobación definitiva do proxecto de normalización de predios da UR 1 de Esparramán, de Bembrive.

xoves, 24 nov 2005
1132841787xeren2411.jpg
O Consello da Xerencia fixo esta proposta despois de estimar o recurso de reposición interposto por Elena Vila Seijo e Purificación Seijo Seijo contra o acordo da Xunta de Goberno Local do 16 de maio deste ano. Dito acordo queda anulado sen prexuízo de que os propietarios poidan presentar outra proposta de normalización axustada á realidade e á normativa aplicable.

Por outra parte, o Consello da Xernencia, dentro dos asuntos da súa competencia, resolveu rectificar o acordo adoptado por el mesmo o 27 de outubro polo cal se adquirían directamente os predios 1-A e 2-A do proxecto expropiatorio da obra "Baixada a Ríos-Teis". O prezo rectificado é de 14.601,54 euros. O resto do acordo do 27 de outubro mantense nos mesmos termos.

Ademais, foron declaradas como realizadas sen licenza e non legalizables as obras acometidas na Baixada a Samil 18, en Navia, e no camiño Fontaiña 5, en Cabral.

Por último, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou de maneira provisional a concesión dunha axuda de 9.015 euros a Antonio Suárez Dávila para a rehabilitación do inmoble localizado na rúa Cesteiros 13. A axuda será financiada nun 50% polo Ministerio de Fomento, mentres que o Instituto Galego de Vivenda e Solo porá o outro 50%.
Descargar todas as imaxes