Concello e Deputación asinan con 14 clubs deportivos de Vigo convenios por valor de 256.000 euros
A alcaldesa Corina Porro e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinaron hoxe xoves convenios de colaboración con 14 clubes deportivos de categoría nacional da cidade, que participan en competicións federadas, por importe de 256.500 euros.
Os clubes e as cantidades acordadas con cada un son: asociación deportiva Famu, de judo, 15.000 euros; Atlántico Hockey Club, 6.000 euros; CD Areosa, de fútbol xuvenil, 9.000 euros; Club Amfiv, de baloncesto de minusválidos, 35.000 euros; Club Atletismo Femenino Celta, 4.500 euros; Club Deportivo Bosco, de baloncesto femenino, 41.000 euros; Club Deportivo Xuvenil Teis, de voleibol femenino, 14.500 euros; Club Vigo de fútbol sala, 6.000 euros; Club Vigo Voleibol, 42.000 euros; Junior Hockey Club, de hockey sobre herba, 9.000 euros; Real Club Celta Atletismo masculino 4.500 euros; Sociedad Deportiva Octavio Vigo, de balonmán, 32.000 euros; Vigo Rugby Club, 8.000 euros; e Vigo Stick Club Hockey, de hockey a patíns, 30.000 euros.
Os convenios asinados especifican que cada clube deberá contar con unha escola de deporte base, dotada de personal cualificado e na que poidan participar xogadores doutros clubes da respectiva zona de influenza. Establecen tamén que os clubes deberán aportar entradas gratuitas para os nenos en función do seu aforo e prestar os seus xogadores cando sexan requeridos para formar parte de seleccións autonómicas.
367.000 euros para 226 clubes de categoría base
No acto, Rafael Louzán, destacou o compromiso có deporte da institución provincial e informou que onte, nunha comisión informativa celebrada no Pazo Provincial, aprobouse o reparto de subvencións a 226 clubes de Categoría Base, de Vigo, por un importe total de 367.517 euros.
Descargar todas as imaxes