O Ministerio de Cultura poderá colaborar co MARCO como patrón
A alcaldesa, Corina Porro, entrevistouse hoxe xoves no Concello co director xeral de Cooperación e Comunicación Cultural do Ministerio de Cultura, Carlos Alberdi, para trataren da futura colaboración do Ministerio co Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e da posibilidade de dotar a Vigo dunha biblioteca do Estado.
Corina Porro mostrou tras o encontro o seu desexo de que o Ministerio se convirta en patrón do MARCO, cuestión que, segundo afirmou, será estudada. A colaboración do Ministerio de Cultura quedaría plasmada nun convenio de financiamento que asinaría a propia ministra, Carmen Calvo, nunha visita a Vigo que Carlos Alberdi situou na segunda semana de xaneiro.
Carlos Alberdi referiuse ao interese do Goberno central no MARCO, un equipamento cultural que "está dando resultados satisfactorios" e que demostra que "Vigo é unha cidade con proxectos interesantes". Precisamente, Carlos Alberdi participou hoxe xoves nas xornadas de reflexión "Arte contemporánea na democracia", que se celebran hoxe e mañá venres no MARCO.
Así mesmo, Corina Porro e Carlos Alberdi trataron da posibilidade de dotar a Vigo dunha biblioteca do Estado, infraestructura que xa foi obxecto dunha petición por parte do Pleno do Concello para que o Goberno central a inclúa nos próximos orzamentos xerais do Estado. A alcaldesa lembrou que o Concello está disposto buscar o solo e o edificio necesarios para a biblioteca. Pola súa parte, Carlos Alberdi comprometeuse a que este tema, aínda que "é de certa envergadura e non se resolve da noite para a mañá", sexa estudado en Madrid.
Descargar todas as imaxes