Curso "Obradoiro: valoración da identidade e da autoestima na muller"
A Concellería da Muller en colaboración coa Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo abre o prazo de inscrición para o curso:<br /> "Obradoiro: valoración da identidade e da autoestima na muller"
Destinatarias: Mulleres maiores de 18 anos que non realizaran con anterioridade o curso a través do Concello. Prazas limitadas.
Obxectivos:
-Coñecer a construcción e a evolución da identidade psicosexual.
-Reflexionar sobre a influencia das crenzas e dos modelos na imaxe e na estima persoal.
-Descubrir e valorar os recursos internos.
Contidos:
Desenvolveránse dentro dun encadre referencial teórico que abordará os seguintes temas:
-Desenvolvemento evolutivo do proceso de identidade.
-Mandatos, crenzas, estereotipos, modelos de identificación, roles.
-Condicionantes internos: auto esixencias, idealizacións, medos, culpas.
-Niveis de conciencia mental, emocional, corporal e social.Contradiccións.
-Integración saudable da identidade como requisito da autoestima: saber valorarse adecuadamente.
A exposición do temario instrumentarase con técnicas que operativicen o aprendizaxe e realizaranse exercicios vivenciais con dinámicas de grupo que permitan a elaboración na toma de conciencia da valoración persoal.
O desenvolvemento do programa constará de 15 h destribuidas en 5 obradoiros de 3 h de duración.
Datas: días 12, 14, 16, 20 e 21 de decembro
Horario, de 18 a 21 h
Inscriccións: Departamento da Muller.1ª planta Casa do Concello.Praza do Rei,s/n, dende o día 25 de novembro ao 9 de decembro de 2005 (ambos incluidos). Telefono 986/810284.
Lugar de realización: Centro Cívico Casco Vello.