O Concello destinará 936.000 euros á construción dunha piscina cuberta en Valadares
A Xunta de Goberno Local mantivo hoxe xoves unha reunión extraordinaria e urxente. Entre os proxectos que aprobou están o de construción dunha piscina cuberta en Valadares e o de rehabilitación do estanque e do muro de peche do xardín histórico do Pazo Museo Quiñones de León.
Á construción da piscina cuberta en Valadares asígnaselle unha partida de case 936.000 euros. O prazo de execución desta obra é dun ano. Outros 95.000 euros destinaranse á construción de vestiarios no campo de fútbol de herba sintética de Candeán, que se executará en tres meses.
O proxecto de rehabilitación do estanque e do muro de peche do xardín histórico do Pazo Museo Quiñones de León foi aprobado cunha partida de 150.000 euros e un prazo de execución de catro meses.
Ademais, recibiron o visto bo da Xunta de Goberno Local os proxectos de urbanización dos accesos e do contorno do novo equipamento cultural e social de Saiáns, obras que se realizarán nun prazo de tres meses. A urbanización dos accesos recibe unha partida duns 108.700 euros, mentres que á do contorno lle quedan asignados cerca de 105.000.
A contratación destas obras, cuxo prego de cláusulas administrativas foi aprobado na mesma reunión, farase por subhastas que quedaron convocadas xa no día de hoxe.
Por outra parte, a Xunta de Goberno Local autorizou un gasto de 122.000 euros para a subministración e instalación de cinco quioscos de información turística para o Concello Polo mesmo acordo quedan aprobados os pregos de cláusulas técnicas e administrativas para contratar, por concurso aberto, desta actuación.